Saleta Castro retírase en pleno Ironman de Lanzarote por unha indisposición
Por Almu Dapena
A forte calor que marcou toda a xornada do sábado nas Illas Canarias obrigou a Saleta Castro a abandonar en plena proba o que era un dos seus obxectivos do ano: o Ironman de Lanzarote.
A triatleta pontevedresa estaba preparada para afrontar unha das competicións máis duras do tríatlon a nivel mundial pero unha indisposición no quilómetro 65 do tramo ciclista obrigouna a retirarse.
A proba comezou ás 7:00 desde o Puerto del Carmen, onde máis dun milleiro de triatletas lanzáronse á auga para completar o segmento de natación.
Unha vez fose da auga, chegou o momento de subirse á bicicleta e completar os 180 quilómetros do roteiro, pero antes de chegar ao quilómetro 65, Saleta Castro xa se empezou a atopar mal e tivo que abandonar.
"No es la primera ni será la última vez", explicaba a triatleta a través da súa conta de Instagram. "Esta es la cara amarga del deporte, no somos máquinas y cuando el cuerpo está mal poco se puede hacer."
"Estoy bien, no quiero preocupar a nadie", engadía para, finalmente, agradecer o apoio recibido e pedir desculpas "porque hoy siento que he fallado pero sé que he tomado la decisión correcta".
A proba feminina gañouna finalmente a británica Lydia Dant (9:37:26), segunda foi a neerlandesa Els Visser, a un minuto e 44 segundos de distancia e terceira chegou a italiana Elisabetta Curridori, que completou o podio cun tempo de 10:02:52.
Relacionadas:
-
Saleta Castro sobe ao podio nunha das carreiras máis duras do planeta, a Patagonman Xtreme Triathlon
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro consegue o segundo posto no Infinitri Half de Peñíscola
Por Diego Espiño |
-
Os triatletas Saleta Castro e Víctor Benages, ilesos despois de sufrir un accidente de tráfico
Por Redacción |
-
Saleta Castro finaliza a tempada cun décimo quinto posto no mundial de tríatlon cros
Por Redacción |
-
Saleta Castro, podio na Titan Desert en Marrocos superando "probablemente a semana máis dura das nosas vidas"
Por Diego Espiño |