A Boa Vila conxúrase para levantar o Pontevedra cara o ascenso
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Os xardíns da Praza de Ourense amenceron este sábado cunha portería de fútbol flanqueada por tres balóns de fútbol e dous grandes carteis granates co escudo do Pontevedra CF e as mensaxes 'Dálle Ponte!' e '... a fonte da Ferrería, San Bartolomé da Praza'.
O motivo diso é o partido tan importante que disputará o combinado granate este domingo en Pasarón ante o Salamanca e para o que a maior parte a cidade está envorcada coa intención de levar ao equipo ata o ansiado ascenso a Primeira RFEF.
Por iso, a través do proxecto Xardíns que Falan, impulsado pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural decoraron a zona verde de diante da igrexa de San Francisco con símbolos cos que conxurarse e "visibilizar o apoio da cidade ao club" e así levantalo ata o seu obxectivo, destacou o concelleiro Iván Pontes.
Para facer a devandita conxura acudiron os xogadores Charles e Churre; os membros do consello de administración do Pontevedra, Luís Durán, Juan Abal e Ricardo Tilve; e os concelleiros Iván Pontes, Marcos Rey e Yoya Blanco, que desexaron as mellores das sortes e mandaron forza ao equipo para afrontar da mellor forma a primeira final que ten por diante o equipo.
De feito, Churre confía en que a Boa Vila axude ao equipo para sacar o partido adiante, xa que a afección en casa converteuse "nunha peza crave" e espera que, xa que eles "superaron as expectativas" ao longo de toda esta semana, "agora quédanos a nós responder igual de ben ou mellor".
Relacionadas:
-
A afección granate enche un autobús en 48 horas para certificar o ascenso en Palencia
Por Manu Otero |
-
Pasarón festexa o ascenso 'virtual' do Pontevedra tras un sufrido empate contra o Salamanca (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A afección do Pontevedra arroupa o equipo no adestramento previo ao partido ante o Salamanca
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A baixa de Charles dá esperanza a un Salamanca que ve o partido "case como unha final"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra e o Cisne, xuntos no seu obxectivo de ascender
Por Diego Espiño |
-
Siareirxs Granates empapela a cidade cunha mensaxe: "Este domingo enchamos Pasarón"
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Prezos populares e invitacións a socios e deportistas federados para "o último baile" do Pontevedra polo ascenso
Por Diego Espiño |