Dobrete de bronce para a Gimnástica na primeira xornada de liga
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Comezo do Campionato Nacional de Liga ao grande para os equipos masculino e feminino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que conseguiron dous terceiros postos, eles en Soria e elas en Pontevedra, que lles permiten afrontar coas mellores sensacións esta nova tempada.
Os atletas masculinos viaxaron a terras sorianas para disputar un dos cuadrangulares de División de Honra, onde se mediron aos locais e grandes favoritos do Atletismo Numantino, á Real Sociedad e a Marathon A.D.
Alí sumaron 175 puntos grazas aos primeiros postos de Oriol Madi (100 metros), de Iñaki Cañal (400 m), de Carlos Porto (3.000 m) e de Daniel Chamosa (5.000 m marcha). Segundos foron Tomás López (pértega), Carlos Revuelta (martelo), Anxo Blanco (triplo salto), e os cuartetos formados por Lucas Lorenzo, Oriol Madi, Jordi Fossas e Sergio Rodríguez (4x100 metros) e por David Abalde, Roberto Tello, Hassan Izzeddine e Iñaki Cañal (4x400), mentres que o terceiro chanzo alcanzárono Sergio Rodríguez (200 m), Hassan Izzeddine (800 m), Francisco López (110 m valos) e Roberto Tello (400 m valos), Alfonso Palomanes (triplo salto), Jonathan Correa (xavelina) e Manuel Simón (disco).
Tamén contribuíron os cuartos postos de Víctor Gallego (disco) e David Ferrer (lonxitude); quintos de Sergio Sanabria (salto de altura) e Juan Manuel Barbosa (martelo); sextos de Javier Jiménez (100 m), Jordi Fossas (200 m), Víctor Riobó (800 m), Pablo Otero (3.000 m), Joao Ribeiro (110 m valos), Manuel Simón (peso), Alberto Moral (3.000 obstáculos), Anxo Blanco (lonxitude) e Raul Pagán (xavelina); sétimos de Manuel Lorenzo (3.000 obstáculos), David Abalde (400 m), Pablo Bocelo (1.500 m), Francisco López (pértega) e Martín Santos (5.000 marcha) e, finalmente, o oitavo de Manuel Madruga (salto de altura).
Pola súa banda, a sección feminina da Sociedad Gimnástica de Pontevedra conseguiu 165 puntos nunha primeira xornada de liga de Primeira División na que foi o anfitrión recibindo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao A.D Marathon, ao Oviedo e ao Femenino Celta.
Conseguiron o primeiro posto Eugenia Gil (400 m), Antía Chamosa (5.000 m marcha) e o cuarteto formado por Irene Barbe, Ainara Rodríguez, Carmen González e Eugenia Gil (4x400); o segundo lográrono Andrea Villaverde (altura), Claudia Puig (disco), Iria Filgueira (martelo), Claudia Puig (xavelina), Alba Pérez (5.000 m marcha), e o equipo de remudas composto por Paula Porto, Cristina Garrido, Eva Salvado e Inés Vázquez (4x100 m) e, o terceiro, Cristina Garrido (100 m), María Campo (800 m), Lucía Ferrer (100 m valos), Ana Pajarrón (400 m valos), Andrea Villaverde (lonxitude) e Andrea González (xavelina).
Cuartas foron Eva Salvado (200 m), Aloia Vilas (altura) e Marta González (pértega); quintas Irene Barbe (400 m), Carmen González (1.500 m) e Eva Santos (martelo); sextas Lucía Ferrer (100 m), Inés Vázquez (200 m), Isabel Caeiro (3.000 m), Hasna Grioui (400 m valos), Mullunesh Marina Porteiro (3.000 obstáculos), Lucía Ferreiro (pértega) e Andrea González (peso); sétimas Branca Fernández (1.500 m), Ana Pajarrón (100 m valos), Marta González (3.000 obstáculos), Paula Martín (lonxitude), Mariña Pérez (triplo salto), Helena Rey (peso) e Zaira Soto (disco); e oitavas foron Ainara Rodríguez (800 m), Noa Pereira (3.000 m) e Marta Barragáns (triplo salto).
Estes resultados supoñen dous undécimos postos na clasificación xeral para os equipos tanto masculino como feminino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
Consulta os resultados da División de Honra masculina nesta ligazón e da Primeira División Feminina nestoutro.
Relacionadas:
-
Obxectivo cumprido para os equipos da Gimnástica, que selan a permanencia en División de Honra e Primeira División
Por Almu Dapena |
-
Madrid e Monzón, sedes das finais pola permanencia para os equipos da Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica achégase á permanencia en División de Honra masculina cun segundo posto en Barcelona
Por Diego Espiño |
-
Os irmáns Chamosa derruban en Eslovaquia as portas do Europeo e o Mundial de marcha
Por Redacción |
-
A Gimnástica asina o primeiro doblete da súa historia no autonómico por equipos
Por Redacción |
-
O CGTD encherase de atletismo coa primeira xornada de Primeira División Feminina e co Circuito en Pista
Por Redacción |
-
O CGTD será sede da primeira xornada de liga na Primeira División Feminina de atletismo
Por Redacción |