Suspendido o Marín Futsal-Burela por non ter o equipo local o mínimo de xogadoras no campo
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O partido que debía enfrontar ao Marín Futsal e ao Burela nesta tarde de sábado no Pavillón da Raña foi suspendido no minuto 8 por non contar o equipo local co número mínimo regulamentario de xogadoras no terreo de xogo.
Segundo anunciou o cadro marinense ao longo desta mañá nas redes sociais, "por las circunstancias que rodean al equipo, en el partido de hoy no podemos contar con gran parte de nuestra plantilla lo que no permitirá que podamos competir contra el Pescados Rubén Burela como nos hubiera gustado".
Afirma o Marín que a Covid-19 é un dos motivos que levaron á suspensión do encontro xa que "sigue causando numerosas bajas que, unido a lesiones y hechos excepcionales, implican situaciones como la que nos encontraremos hoy en nuestro partido".
Tentaron aprazar o partido ou buscar solucións alternativas, chegando a un consenso co Burela para disputalo o día 12 de maio. Con todo, a Federación Española transmitiulles a negativa e tívose que xogar o día fixado anteriormente, é dicir, este sábado 30 de abril.
É por ese motivo que o cadro local acudiu coas tres xogadoras que tiña dispoñibles e aguantou oito minutos, os suficientes para que o Burela, por medio de Irene Samper, anotase o único gol do envite. Lesionouse María León e quedaron dous na cancha, Danny Fleitas e Pau, polo que o colexiado, ao non contar co número regulamentario sobre a cancha, viuse obrigado a suspendelo cun resultado de 0-1.
Esta situación obriga a unha recuperación urxente por parte do persoal, que deberá desprazarse a Ourense a semana que vén para disputar os cuartos de final da Copa da Raíña contra o STV Roldán.
COMUNICADO OFICIAL https://t.co/8zZH4FXbAh pic.twitter.com/EKCdUC48XF
— Marín Futsal (@marin_futsal) April 30, 2022
Relacionadas:
-
O Marín Futsal remonta e golea o Torcal (2-5)
Por Almu Dapena |
-
Festival de goles na Raña entre un Marín salvado e un Majadahonda loitando pola permanencia (3-4)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar visita o Ourense Envialia se marxe para o erro
Por Redacción |
-
A área sanitaria comeza a semana con 91 persoas hospitalizadas con covid-19
Por Redacción |
-
O Roldán acaba co soño copeiro do Marín Futsal nos cuartos de final (1-3)
Por Diego Espiño |
-
"Chega o momento de gozar" para o Marín Futsal ante a ilusionante fase final da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Onda de apoios ao Marín Futsal: "Alguén debería explicar por que non se aprazou o partido habendo acordo entre clubs"
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar, xuíz na carreira pola permanencia; e o Marín, polo título
Por Redacción |
-
O STV Roldán murciano será o rival do Marín Futsal nos cuartos de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
Caridad García, do Poio Pescamar, volve á Selección Española
Por Redacción |
-
O Alcorcón remonta o Marín nos minutos finais (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Festín do Marín Futsal á conta do Móstoles (7-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |