O Teucro descende a Primeira Nacional (30-36)
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6a3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6264560276-sin-titulo.jpg)
© SD Teucro
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4ae/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62645668b4-sin-titulo.jpg)
© SD Teucro
A Sociedad Deportiva Teucro é matematicamente equipo de Primeira Nacional. O xogo na segunda metade do Sant Quirze foi un auténtico vendaval ofensivo insuperable para o cadro pontevedrés, que xa está sentenciado ao abismo do descenso a falta de cinco xornadas para a conclusión (30-36).
Comezou o partido en grao sumo igualado tanto en goles como en erros, onde ambos os equipos tentearon ao rival e eran incapaces de decantar a balanza ao seu favor para manter a diferenza dun só gol ata chegado ao minuto 13, cando o Sant Quirze aproveitou un erro no lanzamento teucrista para facerse cunha renda de dous goles (6-8).
Pero enseguida o Teucro neutralizou a renda rival e non só iso, senón que superou con máis facilidade á defensa catalá para dar a volta ao luminoso grazas a un parcial de 3-0 (9-8). Ata aí chegou o bo facer dos de Pontevedra, que foron freados enseguida por un Sant Quirze que tamén quería a vitoria.
Mantívose igualado o duelo ata alcanzados o últimos cinco minutos do primeiro acto. Foi aí cando os visitantes aproveitaron as imprecisións do Teucro para irse ao descanso cunha importantísima vantaxe de catro goles (14-18).
Saíron os xogadores de Irene Vilaboa máis que durmidos dos vestiarios e volvíanse a ver superados pola arrancada dun Sant Quirze que poñía aínda máis terra polo medio ata alcanzar os seis goles de renda.
Parou o tempo a adestradora local cando aínda non se cumpriron os dous minutos de xogo. Non lle gustaba nada o que estaba a ver e deu coa tecla para reducir distancias grazas aos tantos de Gonçalo e Caue Herrera, que daban esperanzas a un Teucro que aos poucos se metía no partido (16-20).
Pero a alegría non durou moito, só ata o minuto oito, cando o técnico visitante decidiu para o tempo (18-21). A partir de aí o envite tivo un único dono, o Sant Quirze.
Os visitantes foron un vendaval ofensivo que desbordou por completo á defensa teucrista, incapaz de frear a sangría goleadora dun cadro catalán que cos inspirados Natan Moreno e Álex Berbel sentenciaban ao abismo a un Teucro moi inferior que certifica o seu descenso a Primeira Nacional (30-36).
Consulta as estatísticas do Teucro-Sant Quirze