Festín do Marín Futsal á conta do Móstoles (7-3)
Por Redacción & Cristina Saiz
O Marín Futsal segue de doce e tras certificar hai días a súa permanencia este sábado deuse toda unha homenaxe vencendo na Raña a un dos equipos que pelexa por meterse no play-off polo título, o Móstoles.
Foi un duelo con todo no que golpearon primeiro as visitantes, aos 4 minutos, cun gol de Benete tras un saque de esquina.
Reaccionaron rápido as xogadoras adestradas por Raúl Jiménez, que no minuto 8 empataban grazas a un tanto en propia meta e no 9 xa tomaban a dianteira nun potente disparo de Ceci á saída dun saque de esquina.
As marinense xa non cederían a iniciativa, chegando ao descanso cun 3-1 no marcador ao aproveitar Gaby unha nova xogada de estratexia.
Ao regreso de vestiarios o Móstoles tentou incrementar a súa presión, golpeando o Marín Futsal á contra para deixar o duelo encarrilado co 4-1 de Gaby e o 5-1 de Jessy, xa que as madrileñas xogando de cinco.
Rafinha conseguía despois o segundo do Móstoles, pero a alegría durou pouco e Silvia Aguete desde cancha propia e María León colocaban o 7-2 no luminoso, maquillado finalmente cun último gol visitante.
Co triunfo o Marín Futsal consolídase na zona media da táboa soñando mesmo con achegarse a un cuarto debido a que xa non parece tan afastado.
MARÍN FUTSAL (7): Antía, Adriana, Ceci, Jessy, Pau García -cinco inicial- Maria León, Gaby, Dani Fleitas, Mara Fernández, Inés Mayán, Lucía, Marta Gago, Silvia Aguete.
MÓSTOLES FSF (3): Ari, Patri Chamorro, Inma, Celia, Benete -cinco inicial- Sara Santos, Rainfha, Myrielen, Clara Chaves.
Goles: 0-1 Benete (min.4); 1-1 Celia en propia meta (min.8); 2-1 Ceci (min.9); 3-1 Gaby (min.11); 4-1 Gaby (min.24); 5-1 Jessy (min.32); 5-2 Rafinha (min.33); 6-2 Silvia Aguete (min.33); 7-2 MaríaLeón (min.38); 7-3 Celia (min.39).
Relacionadas:
-
O Marín Futsal remonta e golea o Torcal (2-5)
Por Almu Dapena |
-
Suspendido o Marín Futsal-Burela por non ter o equipo local o mínimo de xogadoras no campo
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O STV Roldán murciano será o rival do Marín Futsal nos cuartos de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
O Alcorcón remonta o Marín nos minutos finais (3-1)
Por Almu Dapena |
-
O Marín Futsal certifica a súa permanencia á conta do pechacancelas Joventut d'Elx (2-3)
Por Almu Dapena |
-
O Marín Futsal supera o Sala Zaragoza nun duelo vital pola permanencia (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Ourense será a sede da ilusionante fase final de Copa da Raíña para o Marín Futsal
Por Redacción |