Ángel Rodríguez: "Cando Pasarón se envorca co seu equipo, dálle unha inxección de moral aos xogadores"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Pontevedra CF e Pasarón viviron este domingo outra épica remontada, nesta ocasión ante o Avilés por 3-2. Ademais, non é unha vitoria calquera, senón que grazas ao empate do Unión Adarve en Móstoles, o cadro granate colócase líder da clasificación por primeira vez en toda a tempada.
"Foi sufrido", explicou na habitual rolda de prensa tras o partido o técnico do Pontevedra, Ángel Rodríguez. "Foi un equipo ordenado e sabía como atacarnos. Penalizáronnos nas dúas opcións que tiveron de gol".
Pero Rodríguez é consciente de que os partidos son 90 minutos que "aos equipos estánselles facendo longos en Pasarón", porque "cando Pasarón envórcase co seu equipo, dálle unha inxección de moral aos xogadores. Hoxe a afección estivo de 10".
Ademais, hai que sumarlle a entrada de Charles ao verde, algo que para o técnico "foi determinante. É un xogador no que todo o mundo reflíctese", asegurou. E non só foi clave a entrada do brasileiro, senón que "os que entraron na segunda parte déronlle a volta ao partido", algo "moi importante" para estas cinco finais que restan.
Agora, o Pontevedra CF ten a "obrigación" de manterse primeiros". Algo que nun primeiro momento foi unha "liberación" pero tamén unha responsabilidade. Aínda así, "o equipo entende que se fai as cousas como as vén facendo normalmente é un equipo moi forte e iso fai que non agachen a cabeza. Quero que ao equipo non lle valla clasificarse, quero que sexan primeiros", sentenciou Rodríguez.
Finalmente, Emilio Cañedo, adestrador do Avilés, valorou o resultado final como "amargo" despois de poñerse por diante dúas veces. "Viñamos coa idea de competirlle o partido e quitarlle a pelota ao Pontevedra e conseguímolo durante moitos minutos, pero ao final a persistencia e esa competitividade que teñen eles fíxonos perder a referencia", explicou.
Relacionadas:
-
Martín Diz, un vilagarcián que se estrea na Lomba... de visitante: "Vai ser especial"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa envía ao Pontevedra 300 entradas para o derbi da Lomba
Por Redacción |
-
Unha comuñón equipo-afección clave para Churre :"Están a darnos ese plus que en certos minutos fainos falta"
Por Diego Espiño |
-
De remontada en remontada ata o liderado
Por Diego Espiño |
-
Remontada épica e liderado granate (3-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |