Adrián Esperón e Patricia Martínez, bailando cara á elite mundial
Por Diego Espiño
Adrián Esperon (Pontevedra) e Patricia Martínez (Mos), afrontan nos próximos días o seu maior reto da tempada, os campionato do Mundo de baile deportivo nas modalidades de 10 bailes e de standard.
Será a oitava e novena vez que ambos os dous compitan nun Mundial nunha disciplina máis coñecida agora na sociedade, aínda que aquí "aún hay que explicarlo bien, algo que no sucede a nivel europeo o mundial", asegurá o propio Adrián.
Tres horas de adestramento diario en parella ao que hai que sumar a preparación individual de cada un. Son as contas de dous deportistas que, ademais de en Pontevedra e Mos, pasan boa parte do seu tempo en Molinella, Italia, onde perfeccionan a súa técnica nunha das escolas de baile máis prestixiosa do planeta.
Así foron ascendendo chanzo a chanzo co obxectivo de chegar a unha elite mundial que cada vez se encontra máis preto, tras lograr títulos nacionais en varias ocasións e lograr ser semifinalistas nun campionato do Mundo.
Ese é precisamente o obxectivo que se marcan na cita de Viena (Austria), o próximo 16 de novembro na modalidade de 10 bailes e o día 23, na localidade ucraína de Kiev, en standard.
Iso supoñería meterse entre as 12 mellores parellas do mundo nunhas citas ás que acoden sen presión, que segundo recoñece Patricia "se siente más en el Nacional, porque ahí hay que revalidar título", mentres no Mundial se trata de "escalar poco a poco".
Levan bailando xuntos oito anos, con momentos mellores e peores que "se aguantan teniendo un objetivo mutuo", unha paixón que esperan esténdase cos anos. Para iso Galicia experimentou unha evolución que, tal e como certifica Adrián, "se nota en que ahora hay bastantes niños y niñas bailando".
Relacionadas:
-
Adrián Esperón e Patricia Martinez finalizan décimo cuartos no Europeo de 10 Bailes
Por Redacción |
-
O XIII Trofeo Cidade de Pontevedra de Baile Deportivo contará coas mellores parellas de España e Portugal
Por Redacción |
-
Adrián Esperón e Patricia Martínez, campións de España de baile deportivo por sétima vez
Por Redacción |