Vitaldent Pontevedra continúa sen atopar o camiño e cae (28-31) ante Embutidos Lalinense
Por Redacción
Nova derrota dun Vitaldent Pontevedra que se asenta na zona perigosa da táboa clasificatoria. Os de Pedro Pérez aguantaron ao seu rival durante a primeira parte, chegando ata a gozar de pequenas vantaxes no marcador, pero viñéronse abaixo na reanudación, na que o Lalín chegou a dispoñer dunha máxima diferenza de cinco goles.
Malia iso os pontevedreses conseguiron reaccionar, entrando nos últimos cinco minutos cun só gol de desventaxa, pero o conxunto visitante non perdeu os nervios e sentenciou o partido.
VITALDENT BALONMÁN PONTEVEDRA (28): Galán; Rey (8), Bruno Montesinos, Santiago (3), Garrido (10), Gonzalo (3), Chan -sete inicial-, Amoedo, Teixeira, Suárez (2), Soliño (2), Moreiras e Urtaza.
EMBUTIDOS LALINENSE BM LALÍN (31): Pablo; Gustavo (9), Adrián (2), Martín (5), Rubén (4), Pachi Dacosta (6), ÿscar (2) -sete inicial-, Mouriño, Ramón (2), Uxío (1), Bruno, Jose, Novo e Piso.
Árbitros: Roberto Alcalde Golas e David Ramos Montero (Castela-León). Excluíron por dous minutos a Santiago e Bruno Montesinos, polo BM Pontevedra, e a Adrián, Pachi Dacosta e Rubén, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 3-2, 6-4, 7-8, 12-11, 14-16, 16-18 (descanso), 17-20, 18-23, 20-25, 24-27, 28-29 e 28-31 (final).
Incidencias: Pabellón Príncipe Felipe (Pontevedra). Uns 50 espectadores.