O ex ferroviario de 95 anos que aprendeu a nadar xa xubilado e gaña medallas alá onde vai
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Juan Francisco Domínguez Fernández 'Paco' ten 95 anos e é un home de récord. Parecerá que leva toda a vida dedicándose á natación ou ao deporte, pousando con medallas e mordéndoas "ao Rafa Nadal", pero a historia que hai detrás é totalmente diferente.
Naceu en Vigo en 1927, é fillo de maquinista ferroviario e desde moi novo, aos 17 anos, empezou a traballar nos trens en España. Con todo, os 30 anos e ante a situación que vivía o país, tivo que emigrar a Venezuela como outros tantos galegos para gañarse o pan. Así foi como en 1957, puxo rumbo ao país suramericano, emprendendo os seus propios negocios e forxando un futuro para converterse en empresario.
Máis adiante, cando o traballo xa non lle ocupaba demasiado tempo, falou cun amigo monitor de natación e pediulle que lle ensinase a nadar. "Sólo sabía flotar", pero "por aburrimiento" lanzouse á piscina e a partir de aí a súa vida volveu cambiar.
"Aprendí a nadar con 69 años", afirma. "Iba a clases de respiración, me enseñaban a acompañar la brazada y enseguida agarré ritmo de natación", competindo pouco despois nunha travesía de mar aberto en Venezuela. "Tenía mucho fondo, no me cansaba y el entrenador me insistió para que participara en estas competiciones", explica a PontevedraViva.
A primeira desas travesías consisitió en percorrer 2.500 metros de ida e outros tantos de volta, facendo parada nunha illa para descansar. Un percorrido que fixeron con aletas e que Paco completou do últimos "pero llegué, hay otros que no son capaces de terminar y se quedan en la estacada", comenta entre risas.
É así como despois de moitas travesías regresou primeiro a Málaga e despois a Madrid, onde non parou de nadar. "Nadé con David Meca en la Travesía de Marruecos", asegura orgulloso, "también hice varias veces la Travesía Ría de Vigo".
Pero foi na capital española onde pasou do mar aberto e mergullouse na piscina. En 2017 uniuse ao equipo Máster Madrid, onde compite desde esa data participando en todas as competicións. "Tengo el récord de 1.500, 800, 400, 200... Tengo todos, soy el único de mi edad que compite".
A xente sorpréndese cando ve competir a alguén de 95 anos, pero afirma que "soy un enfermo con una salud de hierro. Estoy operado de cáncer de colon en 2002, en 2018 de otro y en 2019 gané un campeonato. Cuando explico esto la gente dice que invento".
Iso si, para conseguir chegar a esa idade en tan boa forma Paco non falta nin un só día á súa cita coa auga."Todos los días hago unos 1.200 metros a todos los estilos, pero lo mío es el crol", confirma desde Pontevedra.
Aquí se atopa nestes momentos gañando medallas no Campionato de España Open de Inverno de Natación Máster que se disputa na piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños desde o día 3 ata o 6 de marzo.
Relacionadas:
-
O Nacional Master de Natación de Inverno, unha competición coa que Rías do Sur pecha o círculo
Por Diego Espiño |
-
Catro récords de Europa e 69 de España no Campionato de España máster celebrado en Ponte Muíños
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Nacional Máster de Natación supera as expectativas e contará en Pontevedra con 1.253 deportistas de 161 clubs
Por Diego Espiño |
-
O Nacional de Inverno Máster de Natación regresa a Pontevedra en busca da normalidade
Por Redacción |