O pontevedrés Martín Nos, entre los 16 mellores pilotos no europeo de Drift
Por Redacción
A localidade portuguesa de Lousada acolleu recentemente o European Drift Racing 2012, un tipo de carreiras automobilísticas que teñen na derrapaxe a súa característica principal.
Entre os case 50 pilotos inscritos de toda europa encontrábase o pontevedrés Martín Nos Tilve co equipo DriftGalicia, e a súa participación non puido ser máis positiva a pesar de atoparse con problemas mecánicos durante o primeiro día de competición.
Nos Tilve enfrontouse nas batallas ao inglés Alan Green vencendo e entrando no top-16 de mellores pilotos de europa. Non obstante, na rolda posterior non puido co español Lluís López.
Na Copa Ibérica, que enfrontaba aos oito mellores corredores de España e aos 8 mellores de Portugal, o pontevedrés, a mandos do seu BMW E30 con motor V8, clasificouse nunha meritoria cuarta posición.