A II Copa de Galicia de Loitas Olímpicas cita a 200 deportistas no Príncipe Felipe
Por Redacción & Cristina Saiz
O Pavillón Príncipe Felipe acolleu este sábado 12 de febreiro os campionatos galegos de Loitas Olímpicas e de Loita Sambo. Nestas probas selectivas participaron 200 deportistas dos que saíron os elixidos para participar nos campionatos de España de este ano: Júnior de Loitas Olímpicas e de Loita Sambo, previstos para os vindeiros 5 e 6 de marzo en Sagunto, Valencia.
En total houbo 20 equipos que representaron as catro provincias galegas. Iso no torneo autonómico, xa que na II Copa de Galicia participaron tamén as seleccións de Asturias e País Vasco, que escolleron esta competición como parte da súa preparación de cara os campionatos de España de Loita.
Na xornada de mañá celebrouse a competición de Loita Olímpicas con participantes de categorías sénior e cadete. Neste caso a xornada desenrolouse desde as 10:00 ata as 14:00 horas de xeito ininterrumpido. Xa na tarde, en horario de 16:00 a 20:00 horas, a Loita Sambo congregou a deportistas das categorías sénior e base.
Esta cita preparatoria estivo vixiada desde cerca por parte dos seleccionadores galegos, que terán que elexir aos mellores loitadores de cara a preparar as diferentes seleccións galegas.
Por outra banda, cabe destacar que o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, está de noraboa polas últimas convocatorias dos seus árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, poñendo o toque galego no panorama estranxeiro.
Este campionato galego estivo organizado pola Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte, Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.