Brais Canosa e Alice Finot, vencedores da IV edición do Dúatlon Movéndonos por Poio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0e0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/6208dedc4b-20220212-saiz-lourido-poio-duatlon-4-edicion-19.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/847/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6208dee32f-20220212-saiz-lourido-poio-duatlon-4-edicion-40.jpg)
© Cristina Saiz
Preto de 300 deportistas de diferentes categorías déronse cita este sábado 12 de febreiro para gozar dunha gran xornada de Dúatlon coa cuarta edición do 'Movéndonos por Poio'.
A competición arrincou ao redor das 15:00 horas coas probas dos máis pequenos, mentres que as probas absolutas tanto masculinas como femininas comezaron ás 17:00 e 17:15 horas respectivamente.
O percorrido da carreira constou de 5,5 quilómetros de carreira a pé, 17 quilómetros de bicicleta e de novo un tramo a pé final de 2,75 quilómetros ata chegar á meta, sendo os primeiros en chegar á meta Brais Canosa, do Náutico de Narón (57:36) en categoría masculina e Alice Finot, do Club Atletismo Porriño (1:04:16) en categoría feminina.
No podio acompañáronos Gustavo Santiago, do Tríatlon Poio (57:47) e David Campos, do Tríatlon Ferrol (58:30), e Sara Guerrero, do Náutico de Narón (1:04:53), e Charlotte Marie, do Atletismo Porriño (1:07:22).
Antes do inicio da proba gardouse un minuto de silencio en recordo de Alfonso Bellón 'Capi'. Ademais, os deportistas do Tríatlon Poio luciron crespóns negros durante a proba.
Consulta todos os resultados da IV edición ' Movéndonos por Poio' na seguinte ligazón
Galería de imaxes da IV edición do Dúatlon 'Movéndonos por Poio'
A praia de Lourido acolleu este sábado 12 de febreiro a IV edición do Dúatlon 'Movéndonos por Poio'
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Iván Puentes e Elsa Pena gañan a quinta edición do Dúatlon de Poio
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A quinta edición do dúatlon de Poio celébrase este sábado pola tarde en Lourido
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, incorporación de luxo para a nova tempada do Tríatlon Rías Baixas
Por Diego Espiño |
-
A cuarta edición do Dúatlon Movéndonos por Poio reunirá preto de 300 deportistas
Por Redacción |
-
O calendario deportivo de Poio abordarase o vindeiro luns no Consello Municipal
Por Redacción |