Dúas empresas optan á renovación do pavimento do Pavillón Municipal
Por Redacción
Dúas empresas optan a executar o proxecto de renovación do pavimento do Pavillón Municipal dos Deportes, que conta cun orzamento de 312.570 euros. Actividades de Construción, Edificación e Viarias SL (Acevi) e Prace, Servizos e Obra son as candidatas.
O proxecto contempla a renovación dos pavimentos deportivos da pista de xogo, o pavimento do foso perimetral, a rectificación das ramplas e remates laterais, a restauración da varanda perimetral e a sinalización e marcado regulamentario das pistas de balonmán, fútbol sala, baloncesto e voleibol.
As obras terán un prazo de execución de dous meses e teñen como obxectivo feinal emendar os problemas de humidades e filtracións procedentes do terreo do pavillón.
Os traballos contemplan o levantamento da pavimentación actual, o nivelado da pista, a colocación dunha nova soleira ventilada e a instalación de chan elástico.
Outras melloras previstas no proxecto de licitación contemplan a instalación dun xogo de marcador LED de 10 metros cadrados dotado de computador de control e estrutura para a fixación da pantall e bucina; así como un xogo de ancoraxes ao chan para porterías de balonmán e fútbol sala.
O edificio do Pavillón Municipal dos Deportes foi proxectado por Alejandro da Sota no 1966 e aínda conserva a súa configuración orixinal no interior.
Neste sentido, o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, considera que "o estado de conservación xeral das instalacións é bo, requiríndose unicamente intervencións para subsanar as humidades de filtración que se producen a través do subsolo e que afectan á pista deportiva".
Relacionadas:
-
Retoques finais ás obras de Pavillón Municipal dos Deportes
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A crise de Acevi obriga a reformular tres obras en Pontevedra, entre elas a do Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
A humidade dana as capas máis profundas da cancha do Municipal e motiva a súa rehabilitación
Por Redacción |