Preto de 300 corredores de todas as idades celebran a décima edición da Carreira Pedestre de San Brais
Por Redacción & Cristina Saiz
A Carreira Pedestre de San Brais regresou cinco anos despois ao calendario popular para celebrar a súa décima edición.
A partir das 10:30 horas deste domingo, máis de 120 corredores sénior e outros tantos menores reuníronse na contorna do centro comercial de Carrefour para disputar a esperada carreira.
Comezou a xornada coas carreiras infantís, con sete saídas para sete categorías. A carreira reina disputouse a partir das 12:30 horas con saída e meta desde o centro comercial, pasando por diferentes lugares dos barrios de San Brais e Salcedo ata completar os 6,5 quilómetros do percorrido.
O primeiro en chegar á meta foi Jorge Janeiro, do Athletics Fisioterapia San Lázaro Team (22:19), o segundo foi Ismael Lago, do Club San Miguel de Marín (22:41) e terceiro chegou Raú Currais, do Samertolomeu (22:45).
Pola súa banda, María Aurora González, do Pinarium, percorreu os 6,5 quilómetros nun tempo de 28:03, sendo a primeira muller en completar o percorrido. Seguíronlle Ángeles Iglesias, do Moraña en Roteiro (28:44) e María Iglesias, do Pinarium (28:57).
Relacionadas:
-
A Carreira Pedestre San Brais alcanza a súa 12 edición
Por Redacción |
-
San Brais estreará o ano de carreiras populares o día 29 de xaneiro
Por Redacción |
-
Marín inaugurará a tempada de verán cunha carreira a pé por todas as súas praias
Por Redacción |
-
San Brais recupera este domingo a súa clásica e multitudinaria carreira popular
Por Manu Otero |
-
Salcedo recupera a Carreira Pedestre de San Brais
Por Diego Espiño |