Impulso ao proxecto de reforma integral da nave de deportes náuticos das Corbaceiras
Por Diego Espiño
A renovación da nave de deportes náuticos que ocupan no peirao das Corbaceiras a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e o Club SAPO de Salvemento é unha vella reivindicación que está un paso máis preto de converterse en realidade.
O edil de Deportes, Tino Fernández, asinou unha proposta de protocolo de colaboración co club de piragüismo, concesionario das instalacións ao ser terreos pertencentes a Portos de Galicia.
Nese protocolo o Concello comprométese a investir máis de 375.000 euros para a modernización da nave.
Este acordo vai ser levado agora á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación, estando supeditado a que Portos de Galicia renove á Escuela de Piragüismo a súa concesión por un mínimo de 20 anos.
"A través deste protocolo determínanse o custo e o financiamento das obras necesarias para conservación, rehabilitación e reforma integral destas instalacións, garantindo a seguridade das persoas usuarias e o mantemento do seu uso deportivo sen ánimo de lucro para o fomento da práctica deportiva e demais deportes náuticos. En base a este acordo, o Concello achega unha memoria cun programa de necesidades elaborada polo Servizo de Deportes e unha valoración económica realizada polo Servizo de Arquitectura, destinando unha achega económica de 375.170 euros", explicou Fernández.
Ademais de entregar un proxecto de execución á entidade deportiva, o protocolo establece o compromiso de outorgar unha subvención ao club polo importe do proxecto, xa lles correspondería a eles realizar a contratación dos traballos.
Relacionadas:
-
A EP Ciudad de Pontevedra denuncia un novo episodio vandálico soltando e deixando á deriva unha das súas embarcacións neumáticas
Por Diego Espiño |
-
A EP Ciudad de Pontevedra organiza unha dobre xornada de Dragon Boat no río Lérez
Por Redacción |
-
Asinan o protocolo imprescindible para a concesión e reforma da nave de deportes náuticos Corbaceiras
Por Manu Otero |
-
A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra denuncia un dobre episodio vandálico nas súas instalacións
Por Diego Espiño |
-
Os coches bloquean a entrada á nave do Ciudad de Pontevedra
Por Manu Otero |