Unha escordadura de nocello deixa no dique seco a Seoane
Por Redacción
Malas noticias para o Pontevedra, que perde por lesión a Diego Seoane. O lateral, un dos mellores xogadores do equipo, torceuse o nocello nos minutos iniciais do partido do pasado domingo contra o Compostela tras un mal apoio ao saltar para cabecear un balón.
A falta de practicárselle unha resonancia magnética para coñecer con maior precisión o grao da lesión e calcular o tempo de recuperación, o parte médico recolle que o xogador sofre unha escordadura de grao II no seu nocello con afectación do ligamento deltoideo.
O lateral, que se retirou do campo cunha notoria coxera, presenta tamén un hematoma interno e inflamación.
Trátase dunha lesión similar á que sufriu Rufo, aínda que neste caso Seoane, non presenta afectación ósea. Por iso, é posible que o tempo de baixa rolde as seis semanas.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez, "bastante desgustado" polo estado do céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Javi Rey e Romay, candidatos ao once inicial ante a baixa de Yelko Pino
Por Diego Espiño |
-
A resonancia magnética rebaixa a alerta sobre a lesión de Seoane
Por Manu Otero |
-
Un discutible penalti priva ao Pontevedra da vitoria en San Lázaro (1-1)
Por Manu Otero |