O Bádminton Ravachol refórzase con Lucía Rodríguez, número 1 mundial en categoría júnior
Por Redacción
Reforzo de luxo para o Club Bádminton Ravachol Pontevedra no seu obxectivo de lograr a permanencia en División de Honra.
O club pontevedrés confirmou a incorporación, en calidade de cedida, de Lucía Rodríguez, do Club Bádminton As Neves.
Trátase do actual número un mundial júnior en dobres feminino e número tres individual, grazas entre outras cousas aos 12 títulos nacionais que acumula no seu palmarés e o seu quinto posto no Europeo Júnior.
"É todo un pracer e un orgullo para nós contar con Lucía, xa que como deportista é todo un exemplo de esforzo e constancia", sinala o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro.
En canto á xogadora galega asegurou que "teño moitas ganas de xogar por primeira vez en División de Honra e loitar por gañarnos a permanencia, e quen sabe se polo play-off".
O debut de Lucía Rodríguez co seu novo equipo deberá aínda esperar un par de semanas, xa que non poderá participar na xornada de liga prevista para este domingo 16 de xaneiro na localidade xienense de Arjonilla ao tratarse dun encontro aplaado correspondente á primeira volta da competición.
Relacionadas:
-
Un problema cardíaco aparta da competición a Gabriel Fernández, xogador do Bádminton Ravachol
Por Diego Espiño |
-
Derrota axustada do Ravachol ante o líder IES La Orden (3-4)
Por Redacción |
-
O Ravachol volve á súa orixe para recibir ao líder da categoría
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol perde no duelo directo contra o Arjonilla (6-1)
Por Redacción |
-
A "experiencia inesquecible" do pontevedrés Javier Rey no Mundial de Bádminton
Por Redacción |
-
As lesións lastran o Bádminton Ravachol na súa visita ao campión Oviedo
Por Redacción |
-
Primeira vitoria da tempada para o Ravachol nun partido de infarto ante o Benalmádena (4-3)
Por Cristina Saiz & Redacción |