Precaución no Cisne tras detectar un novo caso de covid no seu plantel
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán non se libra da covid, e é que o equipo pontevedrés confirmou a detección dun novo caso positivo no seu plantel.
Hoy hemos tenido conocimiento de un positivo en la plantilla del primer equipo del Cisne.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) January 10, 2022
El jugador se encuentra ya en cuarentena y controlado por las autoridades sanitarias.
Desde el Club le deseamos una pronta recuperación y mucha paciencia con este bicho #SomosCisne pic.twitter.com/SuqPZcop9i
O conxunto branco xa anunciara dous contaxios nas súas filas detectados nos test realizados antes de regresar aos adestramentos tras as vacacións de Nadal.
Esa situación levou ao plantel adestrado por Jabato a extremar as precaucións decidindo exercitarse con máscara e tamén usala no Torneo Internacional Cidade de Pontevedra disputado a fin de semana co Teucro e o Sao Mamede portugués como rivais, adversarios que non usaron a peza de protección durante os seus encontros.
Agora, no comezo dunha semana na que retorna a competición na División de Honra Prata o Cisne detectou un novo contaxio, o que obrigou á corentena do xogador e faralle perderse o primeiro partido oficial do ano o vindeiro sábado 15 de xaneiro na pista do Villa de Aranda.
Con todo co coidado que se tivo, na entidade cisneísta confían que todo quede nun novo caso illado e non se poña en perigo o choque, ao que se suma que os dous xogadores que inicialmente deron positivo si estarán previsiblemente dispoñibles para o técnico a fin de semana.
Relacionadas:
-
Cisne e Teucro póñense ao día nun derbi light
Por Manu Otero |
-
Competición apraza o partido do Cisne ao detectarse un gromo de covid no seu rival, o Villa de Aranda
Por Diego Espiño |
-
O Cisne supera a Teucro e Sao Mamede no I Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Mércores 2 de febreiro, nova data para o derbi pontevedrés entre o Cisne e o Teucro aprazado pola covid
Por Diego Espiño |
-
Dous positivos por covid no Cisne e normalidade no Teucro na volta aos adestramentos
Por Redacción |