O Marín Futsal supera pola mínima á Concordia e avanza a cuartos da Copa da Raíña (1-2)
Por Almu Dapena
O Marín Futsal certificou este sábado o seu pase a cuartos de final da Copa da Raíña despois de superar por 1-2 á Concordia, equipo catalán que milita en Segunda División.
Comezou o partido co conxunto local presionando cada saída de balón do Marín, que se vía orprendido por un rival que gozaba das mellores ocasións e poñía en apertos a Silvia Aguete.
Con todo, co paso dos minutos foron as galegas as que empezaron a facerse coa batuta, levándose o premio do tanto aos dez minutos de xogo. Dani Fleitas foise polo á dereita e disparou a portería, obrigando a que Mónica Utrilla interviñese para evitar que o esférico se coase no interior da rede. Pero o balón chegoulle a Café, que non adoita fallar para gol e fixo o propio para anotar o 0-1 desde dentro da área. Iso si, cun pouco de fortuna, xa que o chute desviouno Sonia impedindo a chegada da gardameta.
Lonxe de baixar os brazos, A Concordia seguiu tentándoo con rápidas transicións e disparos de media distancia, mentres o Marín mostrábase cómodo e alongaba as súas posesións para chegar ao descanso co marcador ao seu favor.
Despois do paso polos vestiarios chegou o primeiro aviso marinense cun disparo de Ceci que desviou Julia Sanz ao pau. Acto seguido, Inés roubou a carteira ao seu opoñente aproveitando o erro na saída de balón e ampliou a vantaxe a favor dun Marín Futsal que case tiña a vitoria en bandexa.
Co marcador en contra, Javier Ruiz optou por xogo de cinco con Mariña para buscar unha reacción que lle permitise recortar distancias. E o tanto chegou a falta de dous minutos para o final cando Naiara resolveu ante Silvia despois dun disparo escorado de Kautar, obrigando ás galegas para contemporizar se querían seguir vivas no torneo.
Sen erros, pero sufrindo, viu o Marín como pasaban os minutos, alongando cada xogada ata o último suspiro ata que chegou o bocinazo final co certificaron o seu pase a cuartos de final da Copa da Raíña.
CD A CONCORDIA (1): Mónica Utrilla; Paula Pérez, Sonia Blanco, Marina Flor e Naiara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Kautar, Laura Botifoll, Mercè, Sandra e Julia Sanz (segunda porteira)
MARÍN FUTSAL (2): Silvia; María León, Ceci, Pau e Café (quinteto inicial). Tamén xogaron, Dani Fleitas, Mar, Inés e Lu.
Goles: 0-1, min. 10 Café. 0-2, min. 31 Inés. 1-2, min. 38 Naiara.
Incidencias: Pavillón O Turó. Sen amoestacións.
Relacionadas:
-
Ourense será a sede da ilusionante fase final de Copa da Raíña para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín cae contra o Alicante e segue sen coñecer a vitoria este ano en liga (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Derrota do Marín ante o Roldán a 30 segundos do final (2-1)
Por Redacción |
-
Silvia Aguete volve dous anos despois á lista de nomeadas a mellor gardameta do mundo
Por Redacción |
-
Aprazado o partido de 1/8 de Copa do Poio Pescamar polo gromo de covid do seu rival, o Sala Zaragoza
Por Redacción |
-
O Marín Futsal pon o broche de ouro ao 2021 noqueando o Atlético Torcal (6-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sorte dispar para Poio Pescamar e Marín Futsal no sorteo de 1/8 de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |