Reforzo invernal para o Palencia Cristo Atlético antes de medirse ao Pontevedra
Por Diego Espiño
O próximo rival do Pontevedra Club de Fútbol na liga, o Palencia Cristo Atlético, estreou o ano acudindo ao mercado invernal a poucos días de medirse aos granates.
O club palentino, na súa primeira tempada na Segunda RFEF / SegundaB, marcha nunha meritoria quinta posición con 24 puntos, pechando os postos de play- off de ascenso a 8 puntos dos pontevedreses, pero non se conforma e a súa actualidade vira ao redor dos reforzos que se esperan para a segunda volta.
Neste sentido o primeiro en chegar foi o xove Miguel García, gardameta de 19 anos que foi confirmado este martes como novo xogador do equipo tras desvincularse da Arandina de Terceira RFEF. A súa contratación prodúcese para cubrir a lesión de longa duración doutro dos seteiros, Dani Hernández.
Ademais o Cristo Atlético deu a baixa, a petición propia, ao dianteiro Jesús Torres, que participara en 11 encontros esta campaña (só 1 como titular) e ao que agora se lle busca substituto.
Mentres iso ocorre o resto do plantel traballa coa vista posta na visita o vindeiro domingo 9 de xaneiro (17.00 horas) ao Estadio Municipal de Pasarón, nun partido que se perderá por sanción o seu máximo goleador, Alfredo Sualdea (5 tantos), tras ser expulsado na última xornada de 2021.
Relacionadas:
-
Remontada do Pontevedra ante o Cristo Atlético para empezar o ano cun sorriso (4-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra estrea o ano contra o Palencia mirando de esguello á covid: "Hai que coidarse moitísimo porque todo xoga"
Por Diego Espiño |
-
Ás voltas con a recuperación de Rufo: "A día de hoxe non sabemos cando vai empezar"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra publica os prezos da súa campaña de abonados para a segunda volta
Por Diego Espiño |
-
Sen cambios no Pontevedra á espera dunha nova rolda de test de covid
Por Diego Espiño |
-
Traballo sen contacto na volta ao campo de adestramento do Pontevedra
Por Manu Otero |