Difícil compromiso para o Poio FS coa visita do AD Alcorcón
Por Redacción
Tras despoxarse da presión de varias derrotas consecutivas co contundente triunfo na casa do Orvina navarro, o Poio Fútbol Sala quere brindarlle unha vitoria á súa afección ante un dos gallitos da categoría, o AD Alcorcón (sábado 18:30 horas).
A Seca recibirá ao actual terceiro clasificado e un dos favoritos ao título de liga, xunto a Atlético de Madrid Navalcarnero e Burela, coa moral de ver o seu equipo nun cómoda posición na táboa.
Marcio Santos poderá contar coas mesmas xogadoras da pasada xornada nunha convocatoria composta por: Silvia, Carmen, Charo, Mar, Claudia, Ceci, Yoly, Kiko, Elena, Paloma e Peke.