Falece Josefa Rodríguez, esposa de Manuel Barreiro Lores
Por Redacción
O falecemento o xoves, de Josefa Rodríguez Fariña "Fita" foi acollido con profunda tristura polo fútbol pontevedrés, que non dubidou en sumarse aos múltiples testemuños de cariño enviados á súa familia e moi especialmente ao seu esposo, Manuel Barreiro Lores, Delegado Honorífico da Federación Galega de Fútbol en Pontevedra, e home vinculado estreitamente ao fútbol pontevedrés e galego dende hai máis de 50 anos.
Manolo Barreiro, que non fai aínda un ano recibía unha merecida homenaxe polo seu labor á fronte da Delegación local da Federación galega, sofre agora este duro golpe cunha perda tan sensible, polo que dende PontevedraViva queremos sumar o noso testemuño de dor a el e á súa familia, aos innumerables que viñeron recibindo dende o momento de coñecerse a lutuosa noticia.
A condución do cadáver celebrarase hoxe, venres, ás 17,00 horas, dende o tanatorio de San Mauro ata a Basílica de Santa María la Mayor, onde se celebrará o funeral, ás 17,30 horas e a súa posterior inhumación no cemiterio municipal de San Mauro.