A Epic Race programa o seu regreso a Pontevedra para xuño e abre o prazo de inscrición
Por Redacción
A Epic Race regresará no 2022 a Pontevedra. Esta proba de resistencia sobre bicicleta de montaña ten aberto xa o prazo de inscrición para participar nas diferentes modalidades que se disputarán na cidade os días 4 e 5 de xuño.
Esta sexta edición volverá celebrarse co formato non stop como eixo principal, pero esta vez só haberá dous tipos de percorrido: un de 300 quilómetros e outro de 200 quilómetros que se poderán cubrir de diferentes formas: individual, por parellas ou por equipos.
O percorrido máis curto conta cun desnivel acumulado de 5.500 metros, mentres que a máis esixente alcanza os 8.500 metros de continuas subidas e baixadas.
A organización dividiu esta vez o percorrido en diferentes etapas, ao final das cales situaron as estacións de hidratación. Os concellos de Pontevedra, Meaño, Portas, Moraña, A Lama e Mondariz son os encargados de albergalas. As distancias destas etapas van desde os 33 quilómetros da máis curta aos 55 da máis longa e esixente.
Co obxectivo de adaptar a competición ao público máis amplo posible, a organización estableceu ata trece opcións de participación diferentes. Para os máis aventureiros está a categoría individual, tanto masculina como feminina e tanto en 200 como en 300 quilómetros. Por parellas ou en equipos de 2 a 3 ciclistas por substitucións é outra opción interesante.
Relacionadas:
-
A Epic Race de ciclismo BTT presenta a súa sexta edición buscando "máis espectacularidade"
Por Diego Espiño & Diana Eiras |
-
A Lama volverá ser escenario decisivo nunha nova edición da Epic Race
Por Redacción |
-
A Transgalaica regresa o calendario de BTT dous anos despois
Por Redacción |
-
O ciclismo será un habitual no calendario pontevedrés para o 2022
Por Almu Dapena |
-
A Epic Race regresa ao calendario como unha cita importante a nivel deportivo... e turístico
Por Diego Espiño |
-
Punto e final a unha Epic Race diferente e marcada polo coronavirus
Por Redacción |