Volve a sonreir o Arosa tras vencer (2-0) o Choco nun partido complicado
Por Redacción
Nin as baixas por lesión de homes fundamentais no esquema de Piscis puideron evitar que o Arosa recuperase o sorriso cunha sufrida vitoria sobre o Choco, nun partido moi disputado que se resolveu ao pouco de comezar a segunda parte, cando Saúl comete penalti e resulta expulsado como consecuencia desa acción.
Jesu adiantaría aos arlequinados ao transformar o máximo castigo, e Nando sentenciaria o resultado no minuto 69 co segundo gol local que permite aos de Piscis volver aos postos de honra da táboa
AROSA S.C. (2): Jorge Pérez: Juanjo, Álex, Martín, Alfonso, Vixo, Jesu, Nando, Eloy (Rubén, min. 90), Jonathan (Santi, min. 75) e Hugo (Ramón, min. 87).
C.D.CHOCO (0): Cortegoso; Ángel, Michel, Pelouro, Saúl, Molinos, Manu Lojo (Xosé, min. 60), Caloi, Yerai, Curri (Rober, min. 57) e Albert (Javi Pazos, min. 67).
Árbitro: Alexandre Mazaira Rodríguez (Ourense), auxiliado nas bandas por Iván Rubio Aviñoa e José Antonio Fernández Rodríguez. Expulsou a Saúl, do Choco, no minuto 53. Amoestou a Martín, Vixo e Hugo, polo Arosa, e a Yerai e Rober, polo Choco.
Goles: (1-0) Minuto 53: Jesu, de penalti. (2-0) Minuto 69: Nando.
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía). Uns 800 afeccionados.