O Arosa pon en marcha a campaña de socios da segunda volta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Arosa presentou este martes a campaña de socios para a segunda volta da competición baixo o lema "Arosízate". Na web oficial e nas oficinas do club están xa á venda os carnés de abonados para a segunda parte do campionato no que o cadro arlequinado disputará dez encontros como local.
Os prezos son os seguintes: 50 euros en Tribuna, 40 euros en Preferencia e Fondos, 30 euros. Ademais haberá descontos para xubilados e menores de 30 anos.
"Imos facilitarlle a xente que queira acompañarnos neste ano histórico unha nova oportunidade de facerse socio para os partidos que quedan", dixo o presidente Manolo Abalo.
"O obxectivo desta campaña é que o socio poida enganchar a un novo socio, se algún quedou atrasado e aínda non fixo a carta aos Reyes pode pedir o seu abono do Arosa", explicou o director xeral, Rodrigo Lojo.
Como incentivo, o club sorteará camisetas do primeiro equipo entre os novos socios. Ata a data, o Arosa conta con 1.300 abonados e a asistencia media ao estadio da Lomba rolda os 1.100 afeccionados por partido.