A Raña despide o ano cun torneo 3x3 de baloncesto
Por Redacción
O Pavillón da Raña, en Marín, acolleu este domingo 26 de decembro un torneo de competición oficial galega de 3x3.
A Federación Galega de Baloncesto, o Concello de Marín e o CB Peixe Galego, celebraron o 'Xacobeo 21-22 3x3 FGB', unha gran cita deportiva coa que deportistas maiores de 16 anos puideron despedir o ano 2021.
A xornada comezou pola mañá coa fase previa dos encontros, pasando os gañadores para disputar as eliminatorias a partir das 16:00 horas. Ao duelo final chegaron o equipo ' Flow Viellos' e ' Peixe', facéndose o primeiro cos 1.000 euros e o seu respectivo premio, que entregou o presidente da FGB, Paco Martín, e Antonio Caíña en nome do Concello de Marín.
Finalmente, Pablo Castro proclamouse campión do Concurso de Tiros tras gañar a Yara Costas no desafío final.