O Peixe Galego despide o ano do seu regreso a EBA asentado na clase media
Por Redacción
O Marín Peixe Galego alcanzou este curso o campamento base da liga EBA no medio da súa nova escalada cara aos picos máis altos do baloncesto nacional. Tras caer en picado desde LEB Oro ata categorías autonómicas, os da Raña atópanse xa no intermedio da súa primeira tempada en niveis estatais.
Cun equipo novo formado por xente da casa, o obxectivo desta tempada é asegurar a permanencia sen grandes apuros. E no ecuador do campionato, están a logralo. Os azuis marchan en oitava posición, cunha vitoria de vantaxe sobre os postos de descenso e un partido menos que os seus rivais despois da suspensión do partido contra o Betanzos por risco de contaxio por covid-19 no vestiario.
Aínda que o cadro peixiño ten mal afeita á súa afección despois de dous inesperados ascensos a LEB Oro, soñar co regreso a LEB Prata esta campaña é unha quimera. Os de Iván Villaverde suman 7 triunfos e sitúanse a cinco vitorias do Porriño, terceiro clasificado que marca os postos de clasificación para a fase de ascenso. En primeiro lugar, en postos de ascenso directo, atópase o Usal La Antigua de Salamanca con 14 vitorias en 15 partidos.
A competición entra agora nunha época de descanso polo Nadal para regresar o 9 de xaneiro, no que os marinenses buscarán superar ao Oviedo, penúltimo, para poñer máis terra polo medio co descenso e seguir abrindo novas vías cara a un cume xa coñecido.
Relacionadas:
-
Salto de calidade do Peixe Galego coa fichaxe de Zach Monaghan
Por Manu Otero |
-
A Raña despide o ano cun torneo 3x3 de baloncesto
Por Redacción |
-
Un torneo de baloncesto 3x3 para despedir o ano na Raña
Por Redacción |
-
Marín pecha a inscrición das súas escolas deportivas municipais con 642 anotados
Por Redacción |
-
Javi Llorente, novo seleccionador galego infantil, prepara o seu regreso ao primeiro plano do baloncesto nacional
Por Manu Otero |
-
O estadounidense Dramell Hogan seguirá defendendo ao Peixe Galego en Liga EBA
Por Manu Otero |
-
Jacobo de Benito cumprirá a súa cuarta tempada consecutiva no Peixe Galego
Por Redacción |