Bo inicio do Club Natación Galaico na liga de natación benxamín e alevín
Por Redacción
O Club Natación Galaico comezou con bo pé a liga de natación benxamín. Na primeira xornada, disputada na piscina Álvaro Pino de Ponteareas, o equipo pontevedrés iniciou a súa andaina nesta competición, na que ten como obxectivo repetir os éxitos da tempada pasada, na que obtiveron a terceira praza na liga regular e o subcampionato na copa galega.
Para esta tempada o CN Galaico presenta un equipo moi novo e renovado con respecto ao da tempada pasada. Para a maior parte do equipo é o seu primeiro ano nesta categoría, polo que os deportistas deberán ir adquirindo experiencia en probas que son novas para eles e co obxectivo primordial de que non haxa descualificacións.
Neste sentido, o club cualifica de positivo o resultado desta primeira xornada, xa que todos os deportistas melloraron as súas marcas e as descualificacións foron escasas. Ademais, algúns alevíns de primeiro ano, conseguiron mínima para os galegos. O corpo técnico do equipo pontevedrés espera que siga esta progresión é os seus deportistas, e que o resultado das cinco xornadas que restan sexa igual ou mellor para poder repetir os éxitos da tempada pasada.
Nesta primeira xornada, as nenas nadaron 200 metros espalda e 100 metros braza e os nenos 50 metros libre, 100 metros braza, 200 metros espalda e 100 metros costas. A actuación completouse cos relevos de 4x100 libre masculino e feminino.