O Rallye Rías Baixas contará cun tramo en Ponte Caldelas na súa edición de 2022
Por Redacción
Ponte Caldelas recibirá en 2022 una da probas automobilísticas con maior importancia e tradición de Galicia.
O municipio será sede dun dos tramos do 55 Rallye Rías Baixas, competición que esta tempada formou parte Copa de España de Rallyes de Asfalto.
Así o confirmou o Concello tras manter unha reunión coa directiva da Escudería Rías Baixas para concretar detalles da competición.
Desta forma Ponte Caldelas volverá formar parte da proba moitos anos despois, tras ser escenario da mesma nas décadas dos 80 e 90.
Aínda que a data do Rallye Rías Baixas aínda non se confirmou, a intención é que poida celebrarse a finais do próximo mes de maio.