O Torneo 4 Nacións, un reto de inicio de ano para os cisneístas Carlos Álvarez e Pablo González
Por Redacción
O 2022 vai empezar cun reto internacional para dous xogadores do Club Cisne Balonmán como son Pablo González e Carlos Álvarez.
O porteiro e o extremo foron incluídos na lista de 16 xogadores que participarán coa Selección Española Júnior no Torneo 4 Nacións que se disputará entre o 6 e o 8 de xaneiro na localidade francesa de Pessac e no que tamén competirán Francia, Portugal e Alemaña.
Trátase da segunda actividade da nova xeración júnior, que con representación cisneísta conseguiu o pasado verán en idade xuvenil unha medalla de bronce no Campionato de Europa da categoría.
Na convocatoria dada polo seleccionador Rodrigo Reñones tamén figura un xogador do Balonmán Cangas, o central Ignacio Salgado.
Os xogadores están citados o 3 de xaneiro en Madrid para adestrarse nas instalacións do Consello Superior de Deportes ata o día 5, cando partirán cara a Francia. Alí permanecerán ata o día 9 de xaneiro, cando regresarán á disciplina dos seus clubs.
Relacionadas:
-
A SAR de Redondela, convidada para o tradicional Memorial Manuel Luaces do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne dálle a baixa ao pivote Lysak Yevhen
Por Redacción |
-
Álvaro Preciado salva o Cisne sobre a bucina no derbi contra o Novás (25-26)
Por Almu Dapena |
-
Carlos Álvarez e Daniel Virulegio 'soben' á Selección Española Júnior e Marko Ojeda estréase coa Xuvenil
Por Redacción |
-
Catro cisneístas, medalla de bronce no Europeo Xuvenil de Balonmán
Por Almu Dapena |