Orión, Mar de Frades-Ronáutica Marinas e Mou, gañadores da Regata de Nadal para cruceiros en Aguete
Por Redacción
O pouco vento na Ría de Pontevedra durante a xornada do sábado truncou as opcións de chegar a tempo dos barcos participantes na última proba da XXIII Regata de Nadal de Cruceiros que organizou durante os últimos dous meses o Real Club Mar de Aguete.
Con dúas horas de atraso sobre o horario previsto iniciouse a regata. Un vento do suroeste con 5 nós de intensidade pareceu suficiente para que os barcos percorresen as 4,2 millas entre Aguete, Morrazán e as bateas de Bueu, pero a velocidade foi diminuíndo aos poucos facendo imposible a chegada a meta no tempo límite.
Desta forma, os resultados xerais conseguidos ata o momento foron definitivos. En Clase 1 gañou o Orión (M.R.C.E. Baiona); en clase 2, o Mar de Frades-Ronáutica Mariñas (Ro E.C.) e, en Clásicos-Veteranos, o Mou (C.N. Meloxo).
A entrega de premios celebrou no Real Club de Mar Aguete coa asistencia dos concelleiros de Deportes e Xuventude e de Coordinación de Actividades Deportivas do Concello de Marín, Antonio Traba e Antonio Caíña, e da presidenta do Club, Maca de la Puente, acompañada da súa xunta directiva.