O Marín Futsal avanza na Copa da Raíña tras superar o Viaxes Amarelle (4-5)
Por Redacción
A ilusión da Copa da Raíña segue viva para o Marín Futsal, tras saír vitorioso dunha eliminatoria trampa este mércores nos 1/16 de final da competición.
O equipo adestrado por Raúl Jiménez visitaba o líder do Grupo I da Segunda División, o Viaxes Amarelle coruñés, pero non deu opción á sorpresa para meterse nos oitavos de final a unha soa rolda de acceder á fase final polo título.
Ceci adiantou ás marinenses aos 6 minutos, pero o Amarelle respondeu na seguinte acción devolvendo as táboas no marcador. Foi unha intensa e disputada primeira metade, que se desnivelou a segundos de chegar ao descanso en favor do Marín.
Tras o intermedio, aos 26 minutos, as locais poñían o 2-2, pero no tramo final o Marín Futsal demostrou o por que da súa etiqueta de equipo revelación na máxima categoría para deixar sentenciada a eliminatoria. Primeiro foi María Léon a que adiantou ás marinenses no minuto 33, ampliando pouco despois Ceci as distancias desde cancha propia e co Amarelle apertando.
A renda visitante chegou ao 2-5 ao aproveitar un erro das locais. Con todo visto para sentenza o Viaxes Amarelle maquillou o resultado con dous tantos nos instantes finais, o definitivo 4-5 cun penalti con só 6 segundos máis por xogar.
Relacionadas:
-
Derrota do Marín ante o Roldán a 30 segundos do final (2-1)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para o Marín Futsal tras remontar contra o Majadahonda (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Sorte dispar para Poio Pescamar e Marín Futsal no sorteo de 1/8 de final da Copa da Raíña
Por Diego Espiño |
-
A ilusión da Copa da Raíña contaxia a Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Derrota do Marín Futsal na pista do flamante campión de Europa, o Burela (4-0)
Por Redacción |