O Arxil remonta e reencóntrase coa vitoria 'in extremis' contra o Maristas Coruña (61-57)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
O Arxil reencontrouse coa vitoria este sábado no CGTD á conta do Maristas Coruña por 61-57. As xogadoras de Mayte Méndez obraron unha gran remontada nos minutos finais do segundo acto pero viron perigar o partido nos instantes decisivos nos que as visitantes volveron colocarse por diante no marcador, obrigando ás de Pontevedra a remar ao contraxeito para asinar un novo triunfo.
Comezou o partido co Arxil dubitativo, cometendo erros nos seus pases que acababan en terra de ninguén e traducíanse en xogadas de ataque do rival. María Lago tentaba levar a batuta do xogo arxilista pero o equipo non acababa de atoparse cómodo sobre a pista, aínda que tampouco as coruñesas, incapaces de materializar as concesións coas que se atopaban.
Pero co paso dos minutos, o Maristas deu coa tecla para aproveitarse do desacerto de fronte ao aro do Arxil e así ampliar a súa vantaxe (min. 6, 3-7), pero as locais atoparon en Buzadzin a clave para frear a seca anotadora á que se estaban enfrontando aínda que sen ser capaces de igualar o duelo antes do segundo acto (9-12).
Mayte Méndez apertou as porcas ás súas xogadoras pedíndolles maior intensidade, que se traduciu nun aumento no número de canastras. E cando o Arxil colocouse a tan só un punto do empate, o Maristas espertou e de novo ampliou a súa vantaxe, obrigando á adestradora local a parar o cronómetro ante as numerosas imprecisións que estaba a ver sobre a pista ao alcanzar o ecuador do cuarto (15-20).
Nese momento o equipo pontevedrés púxose o mono de traballo e endosou o mellor parcial ata o momento para obrar unha remontada que puxo en pé a todo o pavillón. Sobre todo cando, sobre a bucina que daba o paso ao descanso, Buzadzin encestó o triplo co que o Arxil púxose por diante no marcador (30-28).
Despois do paso polos vestiarios o equipo pontevedrés seguiu co seu bo facer, ampliando a renda que o separaba dun Maristas que non se daba por vencido a pesar de atoparse na corda frouxa, deixando todo por decidir no último cuarto (47-39). Ademais, o Arxil perdía a Carla Fernández que se retiraba lesionada.
E chegaron os 10 minutos finais e decisivos coas de Pontevedra dominando e colocándose cunha renda de ata 14 puntos, pero un triplo de Filgueira e as posteriores substitucións nas filas coruñesas a falta de seis minutos para o final produciu un punto de inflexión nun duelo que empezou a complicarse para as verdes, que vían como pequenos erros tiraban pola borda todo o conseguido ata o momento (56-57).
Quedaban dous minutos por disputarse e Mayte Méndez xogou ben as súas armas, dando entrada a Ruth Adams e Buzadzin, que fixeron das súas para volver remontar e dar a vitoria ao Arxil por 61-57.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Maristas Coruña
Relacionadas:
-
O Arxil remonta no último cuarto para superar pola mínima o Alhaurín (59-60)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil segue de doce e supera o Córdoba (71-58)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Dunja Buzazdin, a MVP serbia que fai soñar ao Arxil cos playoff
Por Redacción |
-
Traballado triunfo do Arxil na súa visita ao Unicaja (75-83)
Por Redacción |
-
O Arxil, a retomar impulso na visita do Maristas Coruña ao CGTD
Por Redacción |
-
O Arxil perde o liderado e a imbatibilidade na súa visita a Almería (65-45)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil segue ao seu e supera o Melilla (66-60)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción |
-
O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |