O Club Náutico Portonovo, pioneiro en adaptar as súas instalacións a persoas con deficiencia visual
Por Redacción
Achegar e facilitar a práctica náutica e deportiva a todos os colectivos é o obxectivo da última actuación do Club Náutico Portonovo.
Coa colaboración de asociacións como COGAMI e a ONCE e con apoio económico do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea (FEMP), o club converteuse en pioneiro ao implantar nas súas instalacións un sistema de accesibilidade para persoas con diversidade funcional, con especial atención á deficiencia visual.
Entre as medidas adoptadas habilitouse sinalización exterior con camiños podo-tácticles cara a distintos departamentos do porto, e tamén se incluíu o sistema Braille nos carteis indicativos, ademais de información con código QR cun audio explicativo.
Por último substituíronse as portas por unhas novas cun sistema automático de apertura e colocáronse pasamáns adaptados.
"Esperamos que con estas iniciativas poténciese e rompan barreiras para a práctica deportiva náutica de distintos colectivos", defende sobre a intervención o Náutico de Portonovo.