O Natación Galaico organizará en Pontevedra a Copa de España de Clubs de 2ª División
Por Diego Espiño
A Real Federación Española de Natación elixiu Pontevedra como sede da Copa de España de Clubs de 2ª División, na que participará tanto en categoría feminina como masculina o Club Natación Galaico.
A entidade pontevedresa será a organizadora dunha competición nacional que terá lugar no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños os días 22 e 23 de decembro.
Trátase dun evento que garante unha alta participación de deportistas, ao reunir a 16 equipos en ambas as dúas categorías, tanto feminina como masculina.
Será unha boa oportunidade para que a entidade pontevedresa loite por recuperar a categoría perdida a pasada campaña co seu equipo feminino, buscando un dos dous primeiros postos que lle permitirían regresar á Primeira División.
Os clubs participantes serán:
- Categoría feminina: CN Galaico, CN Madrid Moscardó, CD Amaya, EM El Olivar, Cst-Cst Costa Azahar, CDN Inacua Málaga, CD Nados Castellón, RGC Covadonga, CN Ponteareas, CN Mairena Aljarafe, CN Atlètic-Barceloneta, CN Pozuelo, CN La Salle-Palma, CN Lleida, CN Helios, CN Dos Hermanas.
- Categoría masculina: UCAM CN Fuensanta, CN Helios, CN Lleida, SD Anaitasuna, CN Voltor Balear, CN Palma de Mallorca, Círculo Mercantil, CD Nados Castellón, CD El Valle, EM El Olivar, CN Cartagonova Cartagena, Cst-Cst Costa Azahar, CN Granollers, CN Vinaros, CDN Inacua Málaga, CN Galaico.
Relacionadas:
-
O equipo feminino do Galaico consigue na casa o ascenso á Primeira División
Por Redacción |
-
As nadadoras da remuda feminina dan ás ao Galaico na Copa de España de Clubs
Por Manu Otero |
-
O Natación Galaico adxudícase o Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción |
-
O Natación Galaico estrea a súa tempada de competicións cun terceiro posto no Trofeo Amizade
Por Redacción |
-
Sete nadadores do Galaico, incluídos no Grupo Especial de Seguimento da Federación Galega
Por Redacción |
-
O pontevedrés Cristian Fernández, campión da Copa de España de Natación en Augas Abertas
Por Redacción |
-
Os equipos do Galaico perden a categoría na Copa de España de natación
Por Redacción |