O xogador do Ravachol Javier Rey pon rumbo ao mundial sénior de bádminton
Por Redacción
O xogador do Club Bádminton Ravachol Pontevedra, Javier Rey, conseguiu a clasificación para o Campionato do Mundo Senior, que se disputará entre os días 28 de novembro e 4 de decembro en Huelva.
Tras os bos resultados colleitados durante a tempada nas diferentes competicións autonómicas e nacionais (destacando o título de campión autonómico), o deportista pontevedrés alcanzou a clasificación para a máxima competición global na modalidade de dobres masculino, xunto a Benjamín Albores, do CB Cíes de Vigo, que ademais é pai de dúas novas promesas da canteira do Ravachol Pontevedra.
Javier afronta así o maior reto da súa dilatada carreira deportiva, e ultima a súa preparación para a cita mundialista para chegar nas mellores condicións posibles. O obxectivo principal é gozar a experiencia ao máximo e avanzar todas as roldas posibles.
Na mañá deste mércores coñecéronse os rivais da dupla galega en primeira rolda, que se medirán aos franceses Patrice Gouva e Raymond You.
Relacionadas:
-
A "experiencia inesquecible" do pontevedrés Javier Rey no Mundial de Bádminton
Por Redacción |
-
As lesións lastran o Bádminton Ravachol na súa visita ao campión Oviedo
Por Redacción |
-
Miguens e Rey bañan en ouro ao Bádminton Ravachol no autonómico de Viveiro
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra, protagonista no Campionato Galego Sénior de Bádminton
Por Redacción |