Dunja Buzadzin marca o ritmo do invicto Arxil
Por Diego Espiño
O Club Baloncesto Arxil segue de doce asinando o seu mellor arranque histórico na Liga Feminina 2, como líder invicto despois do primeiras sete xornadas de competición.
Boa culpa diso teno o acerto esta campaña á hora de conformar o plantel , con incorporacións como a de Dunja Buzadzin.
A serbia de 26 anos, na súa primeira experiencia profesional fóra do seu país, revelouse en poucas xornadas como un das fichaxes máis rendibles no deportivo dos últimos anos para o club pontevedrés, alcanzando de media ata a data 15.6 puntos, 4.4 rebotes, 2.4 asistencias e 12.6 de valoración.
Buzadzin, que pode actuar de base ou no posto de 2, marca xa o ritmo das de Mayte Méndez consolidándose como peza básica nos seus esquemas.
O rendemento foi tal que na última xornada foi designada como MVP da semana na Liga Feminina 2, grazas aos seus 31 puntos en León con grandes porcentaxes de tiro (9 de 11 en tiros de dous; 3 de 6 en triplos e 4 de 5 en tiros libres). A iso sumáronse 6 rebotes, 3 recuperacións e 3 faltas recibidas para un total de 35 de valoración.
Toda unha garantía para un Arxil que se agarra a estas estatísticas e ao bo axuste das súas incorporacións este ano para tentar aspirar ao salto de categoría a final de campaña, aínda que para iso queda aínda un longo camiño por percorrer.
Relacionadas:
-
O Arxil perde o liderado e a imbatibilidade na súa visita a Almería (65-45)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil buscará seguir superándose na súa visita o Almería, segundo clasificado
Por Redacción |
-
O Arxil segue ao seu e supera o Melilla (66-60)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O partido entre Arxil e Melilla, marcado polo 25N
Por Redacción |
-
O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción |
-
O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil iguala o seu mellor inicio histórico na Liga Feminina 2
Por Redacción |