O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil segue imparable esta tempada. O equipo de Mayte Méndez sumou a súa sétima vitoria consecutiva esta tempada á conta dun León que o puxo complicado, pero unha gran Buzadzin, con 29 puntos ás súas costas, marcou a diferenza e guiou ás pontevedresas cara á cima (44-66).
Comezou o encontro con imprecisións para ambos os equipos aínda que sobre todo para o Arxil, que atopou na defensa leonesa un muro que se facía con cada rebote e que dominaba o ritmo. Estaba a ser un partido moi físico no que ningún equipo quería ceder, sobre todo no segundo acto cando foron as verdes as que pasaron a dominar para irse ao descanso cunha pequena vantaxe de sete puntos (24-31).
Tras o intermedio, o conxunto pontevedrés apertou o acelerador tanto en defensa con en ataque, onde unha colosal Buzadzin enchufaba todo o que tiña e poñía contra as cordas a un León que estivo máis de catro minutos sen encestar (24-41).
Co partido practicamente encadeado, as locais tentaron aproveitar as pequenas fraquezas que mostraba o Arxil pero, a pesar de reducir diferenzas, foron as xogadoras verdes as que mostraron unha gran solidez para facerse coa sétima vitoria consecutiva.
Consulta as estatísticas do León-Arxil
Relacionadas:
-
Traballado triunfo do Arxil na súa visita ao Unicaja (75-83)
Por Redacción |
-
O Arxil remonta e reencóntrase coa vitoria 'in extremis' contra o Maristas Coruña (61-57)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil buscará seguir superándose na súa visita o Almería, segundo clasificado
Por Redacción |
-
O Arxil segue ao seu e supera o Melilla (66-60)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O partido entre Arxil e Melilla, marcado polo 25N
Por Redacción |
-
Dunja Buzadzin marca o ritmo do invicto Arxil
Por Diego Espiño |
-
O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil iguala o seu mellor inicio histórico na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil afiánzase no liderado tras levar o derbi contra o Cortegada (60-67)
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi contra o Rosalía santiagués para seguir invicto (63-41)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |