"Queremos volver á senda da vitoria sobre todo na casa, para tentar facer de Pasarón un fortín"
Por Diego Espiño
Os xogadores do Pontevedra Club de Fútbol queren esquecer canto antes a derrota encaixada no campo do líder Unión Adarve para centrarse nun traballo propio que levara o equipo a recuperarse do irregular inicio de competición.
Así o defenderon este xoves Yelko Pino e Álex Gonzaléz, tras recibir en Pasarón o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador granate do mes de outubro, ao empatar en apoios na votación proposta polo club.
"Perdimos este partido pero bueno, eu creo que o equipo está nunha boa dinámica", defende González sinalando que "queremos volver á senda da vitoria sobre todo na casa, para tentar facer de Pasarón un fortín que é un pouco nosa materia pendente".
O capitán do equipo asentouse nas últimas xornadas no posto de lateral esquerdo, unha posición que non lle é estraña e na que asegura "atópome cómodo", sobre todo porque "ao final coa forma que xogamos nos partidos na casa é un pouco unha función parecida á de extremo de estar aberto en banda, encarar e chegar a liña de fondo", sumándolle iso si "que tamén hai que correr a banda cara abaixo para defender".
En canto a Yelko, recibiu o premio tras ir crecendo co paso das xornadas recuperando un punto de forma que non tiña tras perder a pretempada. "Estou contento, con confianza, pero creo que aínda podo dar moito máis e seguir axudando ao equipo que é o que importa", sinalou.
O centrocampista vigués, do mesmo xeito que o seu compañeiro, tamén defendeu pensando no duelo da fin de semana contra o Navalcarnero que "hai que esquecer a derrota e pensar no domingo, porque sería bo gañar e comezar outra xeira positiva como a que tivemos".
Relacionadas:
-
Dominio estéril do Pontevedra diante dun defensivo Navalcarnero (0-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez quere "que Pasarón para o contrario sexa un inferno"
Por Diego Espiño |
-
O Unión Adarve acaba coa xeira positiva do Pontevedra (2-1)
Por Diego Espiño |
-
Rufo trata de acurtar prazos pero o adestrador asume que o seu regreso tardará, polo menos, tres semanas
Por Manu Otero |