Segue a boa serie do Marín Futsal tras superar a domicilio o Zaragoza (1-3)
Por Redacción
O Marín Futsal segue en refacho. O equipo adestrado por Raúl Jiménez sumou este sábado a súa segunda vitoria consecutiva despois de superar por un claro 1-3 ao Sala Zaragoza.
As visitantes avisaron nada máis comezar o duelo por mediación de Gaby, pero a gardameta local, moi ben posicionada baixo paus, impedía o gol marinense para manter o partido igualado.
Co paso dos minutos foi o equipo aragonés o que se fixo co control do xogo, pero o Marín, ben posicionado defensivamente tal e como demostrou durante toda a tempada, convertíase nun muro, xerando así as súas mellores ocasións á contra.
Pero foi tras un roubo de balón de Café á saída rival a que anotou de vaselina superando a Ana Etayo. Con todo, a falta de tres minutos para o descanso, Rapha Martins cabeceaba á rede unha falta que sacou Antía e que despexou mal a defensa do Marín, anotando a brasileira o gol do empate.
Parecía que ao descanso chegaríase en empate, pero apareceu Ceci para adiantar ao Marín nunha contra e, de disparo raso, superar a Martins e anotando o 1-2. Tivo Ceci nas súas botas o 1-3 antes de chegar ao intermedio desde os dez metros pero Etayo salvou ao seu equipo.
Despois do paso polos vestiarios, o colexiado expulsou con dobre amarela a Antía, aproveitando así o Marín unha superioridade que lle permitiu facer o 1-3 por mediación de Café, que anotaba un dobrete.
Tentaron reaccionar as aragonesas nos instantes finais pero o Marín, lonxe de baixar os brazos, conseguiron aguantar o resultado para sumar a súa segunda vitoria no que vai de tempada.
Relacionadas:
-
Cita complicada para o Marín Futsal ante un Burela recentemente proclamado campión de Europa
Por Redacción |
-
Vitoria do Marín Futsal sobre o Alcorcón para recuperar sensacións (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Goleada do Móstoles ao Marín para romper coa súa boa serie (6-2)
Por Almu Dapena |
-
Recital de goles e remontada para o Marín Futsal sobre o Joventut D'Elx (5-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Oportunidade do Marín Futsal para seguir sumando e necesidade de vencer para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal buscan a vitoria para recuperar a confianza, unhas; e reforzala, outras
Por Redacción |
-
O Marín Futsal xa sabe o que é gañar en Primeira División (3-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal deixa escapar a súa primeira vitoria no último minuto contra o Ourense Envialia (1-1)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar faise co derbi contra o Marín Futsal (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |