O Natación Galaico estrea a súa tempada de competicións cun terceiro posto no Trofeo Amizade
Por Redacción
O Trofeo Amizade foi a primeira cita competitiva da tempada para o Club Natación Galaico.
O club pontevedrés desprazou a un equipo moi novo ata Ponteareas cunha trintena de deportistas dos que a maioría eran de categoría infantil e só 5 o eran de categoría absoluta.
A pesar diso o Galaico concluíu nunha meritoria terceira posición por clubs na clasificación conxunta.
Destacou tamén o papel de Bea Gómez Cortés, ao recibir o Trofeo Concello de Poneatreas como a mellor nadadora do campionato, mentres que Alicia Bouzas e Daniel Sánchez foron terceiros nas categorías feminina e masculina respectivamente.