O Arxil afiánzase no liderado tras levar o derbi contra o Cortegada (60-67)
Por Redacción
O Arxil segue no máis alto da clasificación e continúa co seu extraordinario inicio de liga ao conseguir o seu quinto triunfo consecutivo á conta do Cortegada, ao que derrotou a domicilio nun partido moi igualado.
As verdes saltaron á cancha decididas a dominar o partido e xa ao finalizar o primeiro cuarto dominaban o marcador. Gran parte do mérito deste triunfo correspóndelle a Adams, cuxo acerto cara á canastra e o control dos rebotes permitiron inclinar a balanza ao lado visitante.
Con todo, o Cortegada non se rendeu e antes do descanso logrou reducir a súa desvantaxe a só dous puntos. Tras o paso por vestiarios, o Arxil decidiu poñerse o mono de traballo para ampliar a súa vantaxe. Adams contou co apoio Forster e María Lago, practicamente infalibles nos seus lanzamentos e nun final de partido tan serio como esixente selaron a súa quinta vitoria para manter ás verdes invictas.
Relacionadas:
-
O Arxil perde o liderado e a imbatibilidade na súa visita a Almería (65-45)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil buscará seguir superándose na súa visita o Almería, segundo clasificado
Por Redacción |
-
O Arxil supera o León e segue imparable (44-66)
Por Redacción |
-
O Arxil non cede e segue invicto á conta do Barakaldo (63-54)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil pide o apoio da afección para derrotar o Barakaldo e seguir líder
Por Redacción |
-
O Arxil iguala o seu mellor inicio histórico na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil leva o derbi contra o Rosalía santiagués para seguir invicto (63-41)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |