![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/aac/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/616b3a8a38-20211016-saiz-pasaron-futbol-pontevedra-ud-llanera-024.jpg)
© Cristina Saiz
A resonancia magnética descarta "fractura ósea aguda" no nocello de Rufo, pero estará varias semanas de baixa
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Rufino Familiar 'Rufo' estará varias semanas afastado dos terreos de xogo pola lesión de tobillo que se produciu nos últimos minutos do encontro contra a Gimnástica Segoviana.
Así se desprende do parte médico emitido polo Pontevedra Cub de Fútbol este mércores tras coñecer o resultado da resonancia magnética á que foi sometido o dianteiro.
Esta proba elevou lixeiramente a gravidade da dolencia a unha "escordadura de grado II-III con edema óseo postraumático en astrágalo", aínda que por fortuna descarta "fractura ósea aguda", un dos temores trala aparatosa lesión sufrida por caer un contrario sobre o seu pé apoiado nunha acción de xogo.
Aínda que os servizos médicos da entidade granate prefiren non fixar prazos concretos para o seu regreso, asegurando que "seguirá tratamento médico e rehabilitador e o tempo de baixa oscilará en función da evolución", o certo é que se trata dun problema físico que todo apunta lle terá varias xornadas de baixa.
O que é seguro canto menos é que o goleador non poderá repetir no once no encontro que medirá o vindeiro domingo (17.00 horas) en Pasarón ao Pontevedra co Coruxo.