O "Juancamaría 3" faise coa vitoria na regata inversa da Ría de Pontevedra
Por Redacción
As augas da ría foron escenario o pasado sábado da celebración da sexta edición da Regata á inversa da Ría de Pontevedra que cada ano organiza o Ro Yacht Club. A ausencia de ventos nalgún punto do circuíto puxo en dificultades aos participantes, que finalmente puideron completar un percorrido no que o "Juancamaría 3", da clase 1, levou o titulo.
Os 20 barcos participantes foron tomando a saída, pero foron rumbos, ventos, mar e táctica de cada tripulación os que determinaron as diferenzas na meta. Neste sentido, resultou diferencial a decisión dos que fixeron a cinguida ata a baliza de Bueu por abéiraa norte da ría con respecto aos que o fixeron polo sur pola diferenza de vento.
O “Juancamaría 3” logrou poñerse na cabeza a menos de dúas millas para a meta mentres pasaban polo sur da illa de Tambo para facerse coa vitoria absoluta e tamén na clase 1 onde foi seguido do “Maracaná” e “Meigas Fora”. Na clase 2, o título foi para o “Eibol”, mentres que na clase 3 o “Rabudo” foi o único que conseguiu entrar en tempo.