O Pontevedra resolve en Segovia en 10 minutos e segue crecendo (0-2)

Por Diego Espiño

© Gimnástica Segoviana CF

© Gimnástica Segoviana CF

© Gimnástica Segoviana CF

© Gimnástica Segoviana CF
Terceiro triunfo consecutivo dun Pontevedra Club de Fútbol que segue en liña ascendente e que se coloca xa en postos de play- off de ascenso. Os de Ángel Rodríguez, que repetiu once inicial por terceira xornada seguida, pasaron como un ciclón polo Municipal de La Albuera de Segovia, resolvendo a contenda nun inicio contundente que deixou K.O. á Gimnástica.
En apenas 10 minutos o marcador reflectía un claro e xusto 0-2, e é que os pontevedreses saíron ao céspede con intensidade e moi centrados no seu plan. A presión alta exposta polo técnico daba os seus froitos e a ameaza en ataque era grande desde os primeiros segundos. Tanto foi así que na súa primeira ocasión clara chegou o primeiro tanto, aos 2 minutos. Álex González tiraba un parede no costado esquerdo e poñía un centro que non chegaban a controlar nin Rufo nin Charles pero que caía nos pés de Rubio para que controlase e conectase un disparo coa zurda que se coaba no fondo da rede.
Sen tempo para repoñerse o Pontevedra cheirou sangue e lanzouse a por o segundo, que chegou no minuto 10. A presión producía efecto e Álex roubaba na saída da Segoviana, enviaba a Charles á frontal e o brasileiro habilitaba de primeiras a Rufo para que definise con sangue frío no man a man co porteiro.
Co 0-2 os locais víanse obrigados a dar un paso á fronte e os granates, vestidos co seu segundo equipamento, baixaron un pistón para centrarse en non conceder e esperar algunha opción para matar de todo o partido.
Puido chegar esa opción pasada a media hora, pero o disparo de Rufo tras un centro desde a esquerda sacábao un defensor cando parecía que se coaba na portería. Tras esa acción respondeu a Gimnástica no 36 cunha chegada pola dereita con centro para o remate de cabeza de Nanclares, atopando unha boa resposta de Cacharrón. Era o primeiro disparo entre os tres paus que recibía o Pontevedra non só no encontro, senón nas últimas tres xornadas.
Sen cambios chegouse ao descanso, e tras o paso polos vestiarios a Gimnástica Segoviana foi quen se fixo coa posesión, sen que ao Pontevedra importáselle en exceso ceder o protagonismo.
Os de Ángel Rodríguez non sufrían e o reloxo corría a favor. De feito as ocasións seguían aparecendo para os pontevedreses de cando en vez, como o roubo de Charles nunha mala saída de balón desde un saque de porta que terminaba co dianteiro regateando ao porteiro e disparando fóra.
Só un erro de Yelko Pino nunha entrega, no minuto 57, permitiu unha chegada clara dos locais. Adeva conducía a transición e deixaba para a chegada do recentemente ingresado Rafa Mella, cuxo chute marchaba fóra por moi pouco. Foi a mellor ocasión para os segovianos durante os 90 minutos.
Esta vez o erro non penalizou e superado o susto os minutos seguiron caendo sen remedio, sen que aparecesen os nervios das xornadas iniciais que custaron varios puntos enchendo de dúbidas ao equipo. Iso é xa auga pasada, e o Pontevedra terminou certificando con oficio unha sólida vitoria, de novo sen encaixar e que lle fai dispararse na clasificación.
A única nota negativa da xornada púxoa Rufo ao retirarse lesionado no minuto 78, tras unha boa xogada persoal, ao pisarlle o defensor o seu nocello esquerdo.
GIMNÁSTICA SEGOVIANA (0): Carmona, Borao (Adrián Pérez, min.65), Javi Marcos, Mansour, Yubero, Manu, Arribas (Rafa Llorente, min.55), De la Mata, Cidoncha, Nanclares, Fran Adeva (Nogueira, min.65).
PONTEVEDRA CF (2): Cacharrón, Seoane, Soto, Churre, Álex González (Samu Santos, min.92), Miguel Román, Yelko Pino (Romay, min.82), Rubio (Iñaki, min.92), Brais Abelenda (Javi Rey, min.82), Charles, Rufo (Oier Calvillo, min.79).
Ábritro: Sergio Del Río Lozano, auxiliado nas bandas por Gomez-Landero Ossorio e Morales Véliz (Extremadura). Amoestou a Arribas, Javi Marcos e Adeva na Gimnástica.
Goles: 0-1 Alberto Rubio (min.2); 0-2 Rufo (min.10).
Incidencias: Partido da xornada 8 de liga no Grupo I da Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de La Albuera, Segovia.
Relacionadas:
-
A volta de Rufo, sen présa: "É certo que está a avanzar a súa recuperación pero é lenta"
Por Diego Espiño |
-
Rufo trata de acurtar prazos pero o adestrador asume que o seu regreso tardará, polo menos, tres semanas
Por Manu Otero |
-
Épica remontada do Pontevedra despois dunha primeira parte terrorífica (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Coruxo, ameaza para un Pontevedra en xeira positiva: "Non podemos baixar a garda ante ningún rival"
Por Diego Espiño |
-
A resonancia magnética descarta "fractura ósea aguda" no nocello de Rufo, pero estará varias semanas de baixa
Por Diego Espiño |
-
Cacharrón afiánzase na portería do Pontevedra tras encadenar tres partidos a cero: "É cousa de todos"
Por Diego Espiño |
-
Rufo sofre unha escordadura de grao II no seu nocello
Por Diego Espiño |
-
"Poder continuar coa xeira positiva", aspiración do Pontevedra nun "campo complicado" como o da Gimnástica Segoviana
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería
Por Diego Espiño |
-
Miguel Román oposita a revelación no Pontevedra: "Se me din isto no verán non o creo"
Por Diego Espiño |
-
Regueiro de felicitacións en redes sociais ao Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Pontevedra festexa, Charles e Rufo golean (3-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |