"Poder continuar coa xeira positiva", aspiración do Pontevedra nun "campo complicado" como o da Gimnástica Segoviana

Por Diego Espiño
Non hai dous sen tres. Con esa máxima viaxa este domingo a Segovia (17.00 horas, Estadio Municipal La Albuera) o Pontevedra Club de Fútbol para medirse á Gimnástica Segoviana coa intención de "poder continuar coa xeira positiva, seguir con como vai o equipo que vai crecendo aos poucos".
Así o recoñeceu este venres o adestrador granate, Ángel Rodríguez, na busca dun terceiro triunfo consecutivo que lle permita definitivamente dar o salto na clasificación e situarse en postos de play-off.
O técnico contará con todo o plantel dispoñible para a cita, incluído un Miguel Román que superou o golpe no xeonllo que lle obrigou a pedir o cambio a última xornada, para enfrontarse a "un bo equipo" como o segoviano, que leva seis xornadas sen perder (só caeu no primeiro partido de liga) e que en casa sumou tres triunfos noutros tantos encontros, colocándose na terceira posición con 12 puntos polos 10 que acumula o Pontevedra.
"Sabemos que imos a un campo complicado e é un bo rival pero ata aí, non lle quero dar máis importancia porque creo que os importantes debemos ser nós", defende Rodríguez.
A pesar da melloría defensiva das dúas últimas semanas, o técnico segue poñendo o foco en deixar a súa portería a cero. "Estamos a incidir moito máis en non recibir. Se somos un equipo fiable en defensa o equipo ten moita marxe de mellora, porque de mediocampo para arriba o equipo xoga ben e ten moitas ocasións por partido", analiza.
O colexiado do encontro será o estremeño Sergio Del Rio Lozano, co que o Pontevedra só se cruzou nunha ocasión na Segunda B con ingrato recordo, derrota en Toledo na campaña 17-18 (1-0).
Relacionadas:
-
O Pontevedra resolve en Segovia en 10 minutos e segue crecendo (0-2)
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo afinan a súa puntería
Por Diego Espiño |
-
Miguel Román oposita a revelación no Pontevedra: "Se me din isto no verán non o creo"
Por Diego Espiño |
-
Regueiro de felicitacións en redes sociais ao Pontevedra polo seu 80 aniversario
Por Redacción |
-
Pontevedra festexa, Charles e Rufo golean (3-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |