O Cisne, pendente das axudas aprobadas polo CSD aos clubs de Asobal
Por Diego Espiño
A Liga Asobal recibirá unha axuda económica de 2 millóns de euros do Consello Superior de Deportes (CSD) a repartir entre os clubs que participaron na competición as últimas dúas tempadas (19-20 e 20-21) como compensación de "as perdas sufridas polos clubs en concepto de entradas e abonos, así como polos gastos xerados como consecuencia da implantación das medidas e os protocolos esixidos durante a pandemia".
Nesa nómina de equipos aparece o Club Cisne Balonmán, a pesar do seu descenso á División de honra Prata tras pasar un só ano na máxima categoría, polo que o club pontevedrés está pendente da súa resolución.
Con todo o Cisne non sairá moi beneficiado da repartición, xa que non pode achegar comparación dos seus ingresos en Asobal ao ser a 20-21 a súa única tempada na competición.
"O único que podemos achegar é o orzamento aprobado na Asemblea", explica o presidente cisneísta, Santi Picallo, e nesas contas apostaron por unha cifra conservadora que xa tiña en conta as restricións. Por todo iso "poderannos dar como moito 15.500 euros que é o que puxemos no apartado de recadación".
Trátase dunha cifra inferior á realidade, pero polo menos e a falta de confirmación caerá como auga de maio nunha entidade que pelexa por retornar á máxima categoría.
A previsión, segundo explicouse na Asemblea Xeral Extraordinaria de Asobal celebrada a pasada semana, é que se poidan xestionar estas axudas do CSD antes de que finalice o ano, cunha tramitación que correrá a cargo da asociación de clubs.
Relacionadas:
-
Sufrida vitoria do Cisne na cancha do Zamora (28-31)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne múdase por unha xornada a Príncipe Felipe para enfrontarse ao Guadalajara
Por Redacción |
-
O Cisne asalta Zarautz nun partido non apto para cardíacos (25-26)
Por Almu Dapena |
-
Defensa do liderado en Zarautz para o Cisne e partido clave para o Teucro
Por Redacción |
-
O Sarrià rompe a boa serie do Cisne e o elimina da Copa do Rei (32-28)
Por Almu Dapena |
-
Carlos Álvarez e Daniel Virulegio 'soben' á Selección Española Júnior e Marko Ojeda estréase coa Xuvenil
Por Redacción |
-
Recital defensivo e terceira vitoria consecutiva do Cisne fronte o Villa de Aranda (35-20)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |