Sete nadadores do Galaico, incluídos no Grupo Especial de Seguimento da Federación Galega
Por Redacción
A Federación Galega de Natación publicou a lista de novas promesas da natación autonómica que pasan a estar incluídos no Grupo de Especial Seguimento (GES), o seu programa de detección e tutela de novos talentos.
Na lista o Club Natación Galaico ten especial protagonismo, con ata 7 nadadores, sendo a entidade con maior número de deportistas seguido do CN Ferrol con 5.
O GES, ademais de realizar un seguimento aos deportistas, supón a realización de sesións de adestramento e actividades formativas utilizando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Trátase dun programa que está dirixido a nadadores nacidos os anos 2007, 2008 e 2009 na categoría masculina e 2008, 2009 e 2010 na feminina. "Partindo ao redor dos 11-12 añvos, proponse un itinerario que debe servir de referencia para seguir unha progresió n racional cara á natación de primeiro nivel", explica a Federación.
Os seleccionados no club pontevedrés son: Pedro Barros, Olivier Rocha, Sofía Barros, Gisele Rocha, Alba Castro, Marta Torres e Mara Vidal.
Relacionadas:
-
O Natación Galaico adxudícase o Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción |
-
O Natación Galaico organizará en Pontevedra a Copa de España de Clubs de 2ª División
Por Diego Espiño |
-
O Natación Galaico estrea a súa tempada de competicións cun terceiro posto no Trofeo Amizade
Por Redacción |
-
O pontevedrés Cristian Fernández, campión da Copa de España de Natación en Augas Abertas
Por Redacción |
-
Dous bronces para Alicia Bouzas no Campionato de España Junior de Verán
Por Redacción |
-
O Galaico sobreponse ás baixas para vencer no Campionato Galego de Verán
Por Redacción |