O TM Monte Porreiro pon rumbo á República Checa para debutar en Europa "sen presión"
Por Diego Espiño
Conta atrás para a estrea en competición europea do Tenis de Mesa Monte Porreiro.
O conxunto pontevedrés debutará o vindeiro venres 22 de outubro na ETTU Cup, segunda competición continental, polo que este mércores poñerá rumbo á localidade checa de Ostrov, onde se disputará o Grupo B do torneo.
"Hace muchos años que estoy en el club y tener esta oportunidad de representar a Pontevedra en Europa nos hace felices", recoñeceu Nico Galvano tras ser recibido xunto ao resto do equipo polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
O xogador arxentino asegura que "es algo que vamos a disfrutar, ya es un premio grande", aínda que defende que viaxan á República Checa "sin presión" e a "intentar jugar lo mejor posible".
En Ostrov o Monte Porreiro enfrontarase o venres 22 de (12.00 horas) ao equipo anfitrión e gran favorito, o HB Ostrov, e ao GDCS Juncal portugués ás 19.00 horas, mentres que o sábado 23 de outubro veranse as caras co Fortune Kyiv ucraíno ás 12.00 horas e co Logis Auderhgem TT belga ás 19.00 horas.
"Todos van a ser partidos parejos que se pueden ganar", analiza Galvano sobre os rivais coa esperanza de lograr pasar de rolda, e é que os dous primeiros clasificados ao final da fase de grupos seguirán adiante na ETTU Cup, mentres que o terceiro e o cuarto pasarán a xogar a Trophy Cup e o quinto quedará eliminado.
Ademais de Nico Galvano e do adestrador Nando Álvarez, protagonizarán o debut europeo do Monte Porreiro outros tres xogadores: Martín Betancor, Miguel Ángel Vílchez e Ilya Isakov.
Relacionadas:
-
Sorteados os grupos da Europe Cup, na que participará por segundo ano o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro renuncia ao soño europeo da Trophy Cup: "É unha decisión moi dura"
Por Diego Espiño |
-
Primeira xornada na casa da tempada para o Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro saca billete para a Trophy e segue vivo en Europa
Por Almu Dapena |
-
Esforzo sen recompensa para o Monte Porreiro na primeira xornada do seu histórico debut en Europa
Por Diego Espiño |
-
O debut do TM Monte Porreiro en Europa xa ten data e sede: 22 e 23 de outubro na República Checa
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro coñece aos seus primeiros rivais europeos
Por Diego Espiño |
-
O internacional Míguel Ángel Vílchez e o ruso Ilia Isakov, reforzos do Monte Porreiro para o seu desafío europeo
Por Diego Espiño |
-
Salto cara a Europa do Tenis de Mesa Monte Porreiro, que xogará a ETTU Cup: "É un feito histórico na cidade"
Por Diego Espiño |
-
Ilusión no TM Monte Porreiro ante a posibilidade de debutar en competición europea
Por Diego Espiño |